Realmente, xa estudei, aquí, a palabra Viso: Viso. Nesa entrada están os principais Visos galegos, pero, xustamente, non está o monte Viso, en Soutomaior. Como fun hai 3 días a Soutomaior teño fotos e experiencias de pasar por un Monte Viso. Podedes ver nestas imaxes, como para subir ao Castelo de Soutomaior, desde a estrada, viña desde Pazos de Borbén, tes que subir polo bar-restaurante, a entrada ao castelo, seguindo camiños en espiral, chamados Bís, en celta.
bís, f. (gs. ~e, pl. ~eanna).1. Mec: Vice; screw. 2. Spiral. Parafuso ou espiral.
Porque en espiral? En camiños de moita pendente tes que suavizar o camiño de modo que a maneira de subir non sexa seguindo unha recta, senón seguindo unha espiral de modo que así consegues que as pendentes sexan moito menores co custo dunha maior lonxitude do camiño. Pero iso fai levadeiro un camiño que, doutro modo, sería imposible. É obrigatorio subir en espiral a montes ou alturas elevadas, nas que loxicamente, nas alturas terás unhas boas vistas. Así camiño en espiral celta e boas vistas latinas conflúen nos lugares Viso, coma no Monte Viso, agás nos lugares nos que o Viso é directamente un camiño, por exemplo a Rúa Viso, dentro da cidade, en Cariño, unha rúa en espiral, en zig-zag, desde a que non se ve nada, e, claramente, é unha espiral celta. Idem noutros lugares. Por exemplo Visma, na Coruña, ten unha moi boa vista da Coruña, pero, sen embargo, o, ma celta de planicie explica que hai unha espiral rematada en planicie no monte, así ese Visma é celta.
Como explicaba en Viso a opinión en castelán é de Viso latino de vista (realmente o único que coñecen), pero na Galipedia, o asumen directamente en Viso, Redondela, din:
O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. O Padre Sarmiento, na súa viaxe a Galicia en 1745, apunta:
... sóbese a un alto desde o que se divisa toda a ría de Vigo, e as illas de Baiona, que semellan pechar toda a barra ... aquí un monte altísimo como pirámide, que chamar A Peneda. No alto hai ruínas dun castelo, e hoxe hai unha nova ermida de Nosa Señora, que chaman de Peneda. Este monte deixa case ó poñente a ría de Vigo, e case ó oriente Souto Maior ...
Se vas a https://latinonline.es/diccionario-latin-espanol/pagina-989/ verás que algo hai diso, pero os exemplos que pon o dicionario son de visitar, non de ter boa vista: Visere quemquan para visitar a uno (un enfermo...) Altos visere montes, visitar la cima de una montaña. Non hai ningún exemplo clásico de boa vista, de amplas panorámicas.
En fin, tedes que ver as fotos do Castelo de Soutomaior ou do Interior do Castelo de Soutomaior onde se ve o monte
Como vedes nesta foto, hai moi fortes razóns para chamarlle monte Viso en celta monte Bís, a un monte penetrado por moitos camiños e estradas en espiral. A foto é do castelo. Pero é que se queres baixar ao concello ou á Igrexa podo atestiguar que fun por estradas labirinticas en espiral. Tiven que dar a volta máis dunha vez.
- Log in to post comments