Como xa contamos, a ambiguidade o/a final dunha toponimia galega como en leiro/leira indica que estamos diante dunha latinización final en o ou en a dunha palabra celta, dependendo de que os falantes da zona pensen que a palabra é feminina ou masculina.
Onde hai? A Galipedia di que
Concello
- Salceda de Caselas, concello da comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra.
Parroquias
- San Xurxo de Salceda, parroquia do concello de Salceda de Caselas, na comarca de Vigo.
- Santa María de Salceda, parroquia do concello de Salceda de Caselas, na comarca de Vigo.
Lugares
- Salceda, lugar da parroquia de Cameixa, no concello de Boborás.
- Salceda, lugar da parroquia de Mirallos, no concello da Peroxa.
Cantabria
- Salceda, localidade do concello de Polaciones, Cantabria.
Outros artigos
- En Galicia
- San Martiño de Salcedo, parroquia do concello de Pontevedra;
- San Xoán de Salcedo, parroquia do concello da Pobra do Brollón;
- Salcedo, lugar de dita parroquia;
- Salcedo, lugar da parroquia de Viladonga, no concello de Castro de Rei;
- Salcedo, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Pantón;
- Salcedo, lugar da parroquia de Covelas, no concello de Ribadeo;
- Salcedo, lugar da parroquia de Diomondi, no concello do Saviñao;
- Salcedo, lugar da parroquia de Piñeiró, no concello do Saviñao;
- Salcedo, lugar da parroquia de Segán, no concello do Saviñao.
- Salcedo, lugar da parroquia da Graña, no concello de Covelo;
- No resto de España
- Salcedo, parroquia do concello asturiano de Quirós;
- Salcedo, localidade do municipio de Valderredible, Cantabria;
- Saratsu, aldea alavesa do concello de Lantarón, chamada Salcedo en castelán.
- Na República Dominicana
- Salcedo, capital da provincia dominicana de Hermanas Mirabal.
- En Italia:
- Salcedo, municipio da provincia de Vicenza, Véneto.
Agora imos a deconstruír a meirande colección de topónimos con cedo/ceda que xa sabemos que significa paso. Outros son, Cerceda, Carracedo, Sarceda, realmente con poucos exemplos. Entón podémonos preguntar porque hai moitos máis Salcedo/a que os outros cedo/a. A razón ten que ser porque é máis útil. Hai miles de anos Galicia era un labirinto de montes, ríos, vales e rías, pero por cada monte, río ou val teriamos non dez ou cen senón miles de posibles camiños. Un labirinto de camiños, moitos dos cales levaban a ningures ou a sitios complicados como picos de monte ou paso de grandes ríos . Cómpría avisar aos camiñantes de cales eran as vías mestras, que conducían ás grandes poboacións, e, ademais, polas vías máis sinxelas, sen complicacións. Algo así coma poñer de nome ao camiño (máis tarde ese nome quedou nas poboacións que atravesaba) de PASO FÁCIL, PASO DOADO. Querían avisarche que entre as distintas opcións que se che presentaban, escolleras a mellor, a máis fácil, a menos complicada. Iso é Salcedo/Salceda. En celta.
Só nos falta ver Sal.
sal, f = sail3. Pero é este sáil o adecuado
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Ponte Salceda | ARZÚA | Oíns (San Cosme) |
A Rega de Salcedo | CASTRO DE REI | Viladonga (Santiago) |
A Salceda | PINO (O) | Ferreiros (San Breixo) |
Fonte de Salcedo | CASTRO DE REI | Viladonga (Santiago) |
O Alto da Salceda | PINO (O) | Ferreiros (San Breixo) |
O Vedro da Chousa de Salcedo | POL | Hermunde (San Pedro) |
Salceda | BOBORÁS | Cameixa (San Martiño) |
Salceda | PEROXA, A | Mirallos (Santa María) |
Salceda, A | PINO, O | Ferreiros (San Breixo) |
Salcedas | MEIS | Meis (San Salvador) |
Salcedo | CASTRO DE REI | Viladonga (Santiago) |
Salcedo | COVELO | Graña, A (San Bernabeu) |
Salcedo | PANTÓN | Moreda (San Romao) |
Salcedo | POBRA DO BROLLÓN, A | Salcedo (San Xoán) |
Salcedo | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Salcedo | RIBADEO | Covelas (San Vicente) |
Salcedo | SAVIÑAO, O | Diomondi (San Paio) |
Salcedo | SAVIÑAO, O | Piñeiró (San Sadurniño) |
Salcedo | SAVIÑAO, O | Segán (Santa María) |
Sobre de Salcedo | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
- Log in to post comments