Parafrasearei a entrada anterior pois estas son as palabras duais de Salcedo/Salceda, no mesmo sentido de informarche de como é o paso ou camiño: Se en Salceda os augurios eran bos, en Noceda, Nocedo están augurando dificultades no paso. Cales, de que tipo? Pois veremos, por exemplo, un Noceda que coñezo:
Esta é a Igrexa de San Xoán de Noceda no Incio, se pinchades, veredes que, ainda na actualidade, o lugar ten entrada pero non saída. Podes entrar e saír polo mesmo sitio, pero non podes ir a ningún sitio máis. Mírao en novacarta.eu no mapa no que se ve que é un calexón sen saída. No-ceda=No-paso, polo menos non pasas a outro lugar, vamos, que, xustamente, non é un lugar de paso.
Cantos hai? Moitos
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Fonte de Noceda | VEDRA | Trobe (Santo André) |
A Fraga de Noceda | RIBADEO | Arante (San Pedro) |
As Lagoas de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Camiño de Noceda | TEO | Oza (Santa Baia) |
Escola de Noceda | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Fonte de Noceda | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Fonte de Noceda | TEO | Teo (Santa María) |
Fonte de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Igrexa de Noceda | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Lago de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Lavadouro de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Muíño de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Noceda | BOIRO | Cures (Santo André) |
Noceda | CERVANTES | Noceda (San Pedro) |
Noceda | FOLGOSO DO COUREL | Noceda (San Pedro) |
Noceda | FONSAGRADA, A | Trobo, O (Santa María) |
Noceda | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Noceda | NOGAIS, AS | Noceda (San Xoán) |
Noceda | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
Noceda | RIBADEO | Devesa, A (Santalla) |
Noceda | TEO | Teo (Santa María) |
Noceda | VEDRA | Trobe (Santo André) |
Noceda de Abaixo | LALÍN | Noceda (Santa María) |
Noceda de Abaixo | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Noceda de Arriba | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Nocedo | BLANCOS, OS | Nocedo (San Cibrao) |
Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Nocedo | PANTÓN | San Vicente de Castillón (San Vicente) |
Nocedo | QUIROGA | Nocedo (San Lourenzo) |
Nocedo de Arriba | BUEU | Beluso (Santa María) |
Nocedo do Val | CASTRELO DO VAL | Nocedo do Val (San Salvador) |
O Lombo de Nocedo | CASTRELO DO VAL | Pepín (San Vicente) |
O Monte de Noceda | TEO | Teo (Santa María) |
Pazo de Noceda | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Río de Nocedo | BUEU | Beluso (Santa María) |
Así que como xa contamos, a ambiguidade o/a final dunha toponimia galega como en leiro/leira indica que estamos diante dunha latinización final en o ou en a dunha palabra celta, dependendo de que os falantes da zona pensen que a palabra é feminina ou masculina.
Agora imos a deconstruír a meirande colección de topónimos con cedo/ceda que xa sabemos que significa paso. Outros son, Cerceda/o, Sarceda, realmente con poucos exemplos. Pero Carracedo/a, Salceda/o si hai máis, son máis útiles. Entón podémonos preguntar porque hai moitos máis Nocedo/a que os outros cedo/a. A razón ten que ser porque é máis útil. Hai miles de anos Galicia era un labirinto de montes, ríos, vales e rías, pero por cada monte, río ou val teriamos non dez ou cen senón miles de posibles camiños. Un labirinto de camiños, moitos dos cales levaban a ningures ou a sitios complicados como picos de monte ou paso de grandes ríos . Cómpría avisar aos camiñantes de cales eran as vías mestras, que conducían ás grandes poboacións, e, ademais, polas vías máis sinxelas, sen complicacións. Algo así coma poñer de nome ao camiño (máis tarde ese nome quedou nas poboacións que atravesaba) de Non pasarás, non tes paso despois de Noceda. Querían avisarche que entre as distintas opcións que se che presentaban, a de Noceda lévache a ningures e terás que voltar desde alí. Iso é Nocedo/Noceda. En celta.
Podes comprobar nos mapas destes Noceda e Nocedo de novacarta.eu como isto é así:
Igrexa de Noceda
Igrexa de Santa María de Noceda
Igrexa Parroquial de San Xoán de Noceda
Pazo de Noceda
Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Nocedo Esta parece que ten unha saída por un lado (que pode ser recente) pero non por outro.
Igrexa de Nocedo Este Nocedo ten, actualmente, dúas entradas non comunicadas.
Realmente vese que os nosos antergos eran moi intelixentes, empáticos, preocupados polos viaxeiros, amables, con sentido común e non os estúpidos capaces de poñer nomes sen sentido, nada útiles, nada funcionais, que non servían para nada, que non lle interesan a ninguén e non informaban de nada útil.
- Log in to post comments