Comezamos por Susan Sarandon. Susan Abigail Tomalin, nada o 4 de outubro de 1946 en Nova York, máis coñecida por Susan Sarandon, é unha actriz estadounidense. O nome é o do seu marido, de orixe grego. Nada celta, polo tanto.
O listado di:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Sarandós | CEDEIRA | San Román de Montoxo (San Román) |
e Sarandón so en Vedra
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Ponte de Sarandón | VEDRA | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) |
Igrexa de San Miguel de Sarandón | VEDRA | San Miguel de Sarandón (San Miguel) |
O Cruce de Sarandón | VEDRA | San Miguel de Sarandón (San Miguel) |
O Lavadeiro de Sarandón | VEDRA | San Miguel de Sarandón (San Miguel) |
Ponte de Sarandón, A | VEDRA | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) |
San Miguel de Sarandón | VEDRA | San Miguel de Sarandón (San Miguel) |
San Pedro de Sarandón | VEDRA | San Pedro de Sarandón (San Pedro) |
Sarandón | VEDRA | San Miguel de Sarandón (San Miguel) |
A Galipedia sabe de menos lugares
- San Pedro de Sarandón, parroquia do concello de Vedra, na comarca de Santiago;
- San Miguel de Sarandón, parroquia do concello de Vedra, na comarca de Santiago;
- Sarandón, lugar de dita parroquia;
- Ponte de Sarandón, lugar da parroquia de San Mamede de Ribadulla do concello de Vedra;
- Ponte de Sarandón, ponte que salva o río Ulla e une os concellos da Estrada e Vedra.
e
- A parroquia de Sarandós do concello de Abegondo, na comarca da Coruña.
- O lugar de Sarandós na parroquia de San Román de Montoxo do concello de Cedeira.
En novacarta temos
Capela de San Xoán de Sarandóns
Ainda que Openstreet maps distingue a zona do río coma Sarandós e a da Igrexa coma Sarandóns. Nese mapa podemos ver que o río -Río Barcés- fai uns meandros marcados nesa zona, que, ademais, se dividen en dous rios con illa no medio alí. De tal maneira que o fai proclive, nesa zona, a inundacións -Sar-.
Así a tradución de ambas palabras é Sar-an-dón. Inundacións en vixiancia, ou en versión actual, Tede en conta, atendede ás posibles inundacións. Non hai ningunha notable actualmente, que eu coñeza, pero é posible que no pasado fosen máis intensas.
- Log in to post comments