Pasei pola parroquia de Parga, Guitiriz, de Becín hai 2 días cando fun á Muíño da Ruxida e a Xiboi.
No listado, so hai un Becín
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Becín | GUITIRIZ | Becín (San Xiao) |
be é o verbo ser, estar coma en inglés. En irlandés é bí.
bí3, substantive v. (pres:tá, aut. táthar, rel. atá, rel. aut. atáthar, neg. níl, aut. níltear, dep. bhfuil, aut. bhfuiltear; pres. hab:bíonn, aut. bítear; p:bhí, aut. bhíothas, dep. raibh, dep. aut. rabhthas; p. hab:bhíodh, aut. bhítí; fut:beidh, aut. beifear, rel. bheas; cond:bheadh, aut. bheifí; pres. subj:raibh, aut. rabhthar; vn. bheith. S.a. beite1). Be.
Vemos que na conxugación temos moitos be coma beith. Na toponimia galega aparece como be.
E cín é
ou cin, v.i. (vn. ~eadh m, gs. ~te).Spring, descend (ó, from). Descendente ou un exemplo de cine An ~ daonna, the human race. Raza. Vímolo cando falamos da reitoral de Cines. Agora rebautizado a Cin. O que parece máis probable é este significado, descendentes, da raza, parentes.
Son descendentes, da raza, da tribu, son parentes. Que polo que se ve na toponimia se abrevia e xeneraliza coa palabra quin=kin, parentes.
Ao ver o letreiro de Becín, coma un lóstrego xurdiu a pregunta, entón Becín>Beciño considérase un diminutivo que se transforma no diminutivo de moda, iño,
E despois en veciño, unha palabra que todo o mundo considera de orixe latina, que vén de vicinus que á súa vez vén de vicus,... Pero non debería ser vicino?
Eu penso que veciño liga cos que viven próximo, que xustamente son parentes, do clan, da tribu, e como mínimo ten unha orixe dual, celta e latina. Quizais con raíces máis milenarias.
- Log in to post comments