Chanfaina

Submitted by admin on Mon, 09/11/2023 - 17:47

Imos coa palabra. Porque imos con ela?  Ten Chan, non en celta, quere dicir que algo é non. Pero fun mirar  e o que significa faina en celta confundiume:

Quitámoslle o a final, coma sempre, e Fain é unha palabra inglesa, pero faoin é celta e apropiada e próxima a fain, xa que:

faoin2 :faoi1.

É dicir, faoi1, prep I. Under. 1. (a) Beneath, below. . 2. (a) Bearing, supporting. (c) Producing. II. 1. About. (a) Round.

I. Baixo. 1. (a) Abaixo, abaixo. . 2. (a) Soporte, apoio. (c) Produción. II. 1. Sobre. (a) Redonda.

E entón as chanfainas non están por baixo do corpo do animal? O están, así que non podía ser faoi

Ía pola capela de Guadalupe, en Miño; unha construción de tipo moi antiga, pero perfecta nos seus bloques. Así que pode ser do tempo romano. Cunhas ventás mínimas pola parte de atrás que impiden calquera entrada posible, un signo característico dun paderne. Un edificio da autoridade que garda alimentos para repartir cando os tempos veñan dados. (Eu opino). Nese momento pensei en chanfaina e que no feito que ainda non mirase no dicionario da RAG. Fíxeno.

chanfaina substantivo feminino Embutido feito cos pulmóns e outras vísceras do porco que non serven para o chourizo. Algún día non había para comer máis ca chanfainas.

Resulta que o non non se aplica a estar no interior do corpo senón a que non serven para conservalos no chourizo (non redonda pode referirse a non conservar en redondo, en chourizo, ou ben que fain é a palabra de celta galego para chourizo).

Así que  a palabra chanfaina é celta e significa vísceras dunha matanza que hai que comelos xa, sen demora, porque non serven para facer conserva deles (ou chourizos, androlla...)