TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Valdeviñatos | PONTEDEUME | Andrade (San Martiño) |
Segue as mesmas liñas que Valdoviño, que en vez de ser un val onde non o hai- as zonas baixas son areales- vén de Bal do(do galego) Binn (o latino final), camiño en costa cara o pico (binn).
Así Valdeviñatos en Andrade (Pontedeume) hai que situalo a carón da estrada NVI Ferrol-Betanzos, preto do verdadeiro pico (Campolongo), pero non lonxe doutra zona alta onde se ve o mar, a propia igrexa de San Martiño de Andrade.
Probablemente por Valdeviñatos, pasaba o camiño en costa, que despois foi mellorado pola NVI, que ía cara a Campolongo, de aí o seu nome:
Bal-de(galego) binn (a terminación latina) tos (nominativo de os e os era sobre-no cumio, por riba, coma en Oscos)
Camiño do pico de arriba, do cumio. Ese é o significado de Valdeviñatos. Desde logo non hai viñas alí. Hai que considerar que desde Campolongo, a estrada NVI afúndese ata o nivel 0 do mar en Pontedeume, é dicir, é un pico salientable e de paso obrigado cara a Pontedeume. Hai outros pasos inrermedios desde Breamo que non son practicables por un carro de vacas a menos, claro, que as queiras matar: ainda en coche son perigosas.
- Log in to post comments