Catabois

Submitted by admin on Mon, 02/19/2024 - 00:56

Hai estes topónimos no listado:

cataboi
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Catabois FERROL Ferrol
Catabois de Abaixo FERROL Mandiá (Santa Uxía)
Cemiterio de Catabois FERROL Mandiá (Santa Uxía)
Cerralla de Catabois FERROL Mandiá (Santa Uxía)
Estrada de Catabois FERROL Ferrol
Catabois MAÑÓN Bares (Santa María)
Cataboi VIGO Vigo
Catabois FERROL Serantes (San Salvador)
Cataboi VIGO Freixeiro (San Tomé)

E sempre ao  pasar pola estrada de Catabois, en Ferrol, preguntabame de que ía a palabra. Ben, unha primeira aproximación á palabra, está no estudo de Ois, en Coirós.

A declinación de os, por riba, sobre, ten este nominativo plural

os2, prep. Over, above. por riba

Plural

NOMINATIVE

ois
na hois
Que moi ben poidese ser que en Galicia se convertise en bois-ou sexa unha conversión semántica a algo recoñecible, os bois . De feito hai 511 topónimos no listado que teñen ois, moitos das cales poden estar sinalando arriba, outeiros, cumios.
E cata, que ademais de ser grego, en celta que dí?
Pois
cáta, f. (gs. ~). Respect, esteem; honour, dignity.

Os respetados dos cumios, sería a miña tradución de catabois. Algo así como os que vixían desde os cumios as posibles ameazas e polo tanto teñen unha función respetable, honorable, digna.

Desde logo o Catabois de Ferrol está nun outeiro ao que se sube, desde Canido, pola estrada de Catabois ou ben desde San Xoán. Na zona hai un castro, este,

Castro de Santa Icía

Que como podedes ver no mapa desa entrada está moi preto da estrada de Catabois. Eu penso que Catabois é o nome orixinal dese castro.

Na última foto desa entrada podedes ver como desde a zona era posible vixiar toda a ría de Ferrol sen case ser vistos.