Tuiriz

Submitted by admin on Tue, 02/11/2020 - 19:46

Hoxe seguimos a técnica xornalística, de descifrar palabras que aparecen nos xornais. Neste caso Tuiriz, en Pantón, da que se fai un artigo no El Progreso de hoxe.

A wikipedia galega fala de Toiriz, Pantón, sen embargo conta Francisco Albo (12 de maio de 2016). "Os de Tuiriz non queren ser de Toiriz". La Voz de Galicia.

Que os de Tuiriz non queren ser de Toiriz. Eu, realmente tamén, apoio aos de Tuiriz. Máis ca os de Toiriz.

Vexamos a hipótese celta de Tuiriz (seguramente a hipótese Toiriz di que vén do aleman porque remata en riz).

Tui, sabemos significa tellados de palla.

tuí, f. (gs. ~).1. Thatch. ~ chocháin, mhuiríní, straw, bent-grass, thatch. ~ chíbe, ~ ghlas, sedge thatch. Ceann ~, thatched roof. Cur ~, (act of) thatching. S.a. áith11, teach 1(b).2. Straw. ~ choirce, chruithneachta, straw of oats, of wheat. ~ na bpunann a bhualadh ar dhuine, to flail, trounce, s.o.

Ou sexa

tui, f. (gs. ~) .1. Palla. . Ceann ~, tellado de palla. Cur ~, (acto de) palla. S.a. forno11, casa 1 (b) .2. Palla. ~ avena, trigo, palla de avea, de trigo. 

e riz, í, vímolo xa un montón de veces, é ris en celta, en descuberto.  ris2, adv. Bare, uncovered, exposed.

A tradución, tellados de palla ao descuberto, tellados de palla visibles ao lonxe.

En 2016 o Concello de Pantón solicitou á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia a modificación do topónimo por Tuiriz[2]. Súmome ao Concello de Pantón, ao sinalar incoherencia da comisión de Toponimia neste caso. O paralelismo claro é dicir que Tui debe chamarse Toi. Intolerable, non?