O día 18 visitei o Castro de Toiriz en Silleda. Ver en novacarta.eu, Castro de Toiriz
Toiriz e Tuiriz xa o temos estudado en celtia a propósito de Toiriz ou Tuiriz en Pantón. Ver Tuiriz.
En Galicia hai polo menos 2 palabras nos que oscila a letra o coa letra u é son Gui, oración, que tamén se di Goi e Toi que tamén se di Tui.
En gaélico
Vexamos a hipótese celta de Tuiriz (seguramente a hipótese Toiriz di que vén do alemán porque remata en riz).
Tui, sabemos significa tellados de palla.
tuí, f. (gs. ~).1. Thatch. ~ chocháin, mhuiríní, straw, bent-grass, thatch. ~ chíbe, ~ ghlas, sedge thatch. Ceann ~, thatched roof. Cur ~, (act of) thatching. S.a. áith11, teach 1(b).2. Straw. ~ choirce, chruithneachta, straw of oats, of wheat. ~ na bpunann a bhualadh ar dhuine, to flail, trounce, s.o.
Ou sexa
tui, f. (gs. ~) .1. Palla. . Ceann ~, tellado de palla. Cur ~, (acto de) palla. S.a. forno11, casa 1 (b) .2. Palla. ~ avena, trigo, palla de avea, de trigo.
e riz, í, vímolo xa un montón de veces, é ris en celta, en descuberto. ris2, adv. Bare, uncovered, exposed.
A tradución, tellados de palla ao descuberto, tellados de palla visibles ao lonxe.
Así que a visita ao castro foi de compromiso, de pura comprobación. Temos un castro, no que as casas, como é tradicional, tiñan tellados de palla (Tui ou Toi) e ademais, eran visibles ao lonxe, marcaban un dos puntos en que os celtas galegos marcaban os puntos visibles ao lonxe dos seus mapas.
Ben, comprobado! Castro de Toiriz
ensina un castro, con defensas en muros e con toda seguridade con casas con tellado de palla dende o que se ven perfectamente os montes lonxanos. Non se ve Silleda, hoxe, porque os muros do castro que miran a Silleda teñen moita vexetación de árbores, pero suponse que se vería perfectante desde ese lado tamén.
Vexamos cantos hai de cada tipo
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Campo de Fútbol de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
Campo de Fútbol de Toiriz | TABOADA | Insua (San Salvador) |
Cemiteiro de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
Cemiterio de Santalla de Toiriz | PANTÓN | Santalla de Toiriz (Santalla) |
Cemiterio de Toiriz | TABOADA | Insua (San Salvador) |
Cruceiro de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
Igrexa de Santalla de Toiriz | PANTÓN | Santalla de Toiriz (Santalla) |
Igrexa de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
Local Social de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
O Alto de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
O Campo da Festa de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
O Campo da Festa de Toiriz | TABOADA | Insua (San Salvador) |
Os Bacelos de Toiriz | TABOADA | Insua (San Salvador) |
Reitoral de Toiriz | PANTÓN | Toiriz (Santa María) |
Toiriz | LUGO | Piúgos (Santiago) |
Toiriz | RODEIRO | Arnego (Santiago) |
Toiriz | RODEIRO | San Salvador de Camba (San Salvador) |
Toiriz | SILLEDA | Silleda (Santa Baia) |
Toiriz | TABOADA | Insua (San Salvador) |
E non hai nese listado ningún Tuiriz porque a comisión de toponimia encargouse de facelo desaparecer coma no caso de Pantón.
Pero en facebook, e na wikipedia española- que aproveitan para meter o dedo na chaga, temos https://www.facebook.com/groups/149851315032756/ e moita xente xa sabe de que vai o conto. Así,
Pisos en Tuiriz, Vila de Cruces ou panaderías Tuiriz en Monforte.
- Log in to post comments