Di a RAG que zoscar verbo transitivo 2 Dar [un ou varios golpes] a unha persoa ou animal. Zoscoulle unha do revés. SINÓNIMOS pegar, zorregar
En celta
coscar, m. (gs. & npl. -air, gpl. ~).1 = coscairt. 2. Victory, triumph. E coscairt
coscairt, f. (gs. -artha).1. vn. of coscair1. 2. Cutting up; mangling, slaughter. 3. Breaking up, disintegration. 4. Defeat, overthrow. 5. Thaw. 6. Overthrow, defeat; struggle. Is againn a bhí an choscairt, (of fighting, argument) we had a great battle. 7. Physical distress, shock. É dicir
1. vn. de coscair1. 2. Cortar; destrozar, matar. 3. Rotura, desintegración. 4. Derrota, derruba. 5. Desconxelar. 6. Derrocamento, derrota; loita. Is againn a bhí an choscairt, (de loita, discusión) tivemos unha gran batalla. 7. Angustia física, choque.
Se lle facemos a alguén ou a un grupo todo o que significa coscar ou coscairt realmente estámoslle zoscando do lindo (que dicía a miña nai). O z non é celta, así podemos pensar ca palabra orixinal é coscar, cruzada con zas,
zas interxección Exclamación que expresa o modo brusco en que algo se realiza ou sucede. Estabamos escoitando a noticia e zas!, estragouse o aparello. Que é tamén unha onomatopeia de golpe repentino.
En canto a coscarse, que a RAG non recoñece e a RAE, si, e di
coscarse
Del lat. *coxicare, de coxa 'cadera'.
1. prnl. coloq. concomerse.
2. prnl. coloq. Darse cuenta, percatarse. No se cosca de nada.
Antes que de coxicare latino parece máis lóxico que veña de coscar celta. 7. Angustia física, choque. Un choque coa realidade, "o choque ou shock que sufriu como consecuencia dos golpes, da derrota. ". Ese darse conta, caerse da burra, caída do cabalo de San Paulo, rotura dos esquemas anteriores que tiñas despois de sufrir unha derrota das túas ideas. Iso é coscarse. Celta.
Estas outras palabras de lugares galegos poden referirse a lugares de derrota de alguén a mans doutros, ou ben a lugares de meditación que fan que che cosques e cambies de maneira de pensar, ou adquiras unha nova conciencia:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Coscoña | PORTO DO SON | Caamaño (Santa María) |
Coscoñas | LOUSAME | Tállara (San Pedro) |
O Coscobellón | COSPEITO | Santa Cristina (San Xiao) |
O Coscoño | BRIÓN | Ons (Santa María) |
O Monte do Coscoño | MUÍÑOS | Souto de Limia (Santa María) |
Os Coscados | SARRIA | Vilamaior (Santa María) |
Ainda que poden ter que ver con cosc cosc1, m. (gs. as s. coisc, as vn. coiscthe). 1. vn. of coisc1. 2. Check, restraint; prevention, prohibition. Lugares restrinxidos, prohibidos.
- Log in to post comments