E xa imos no 1000. Toca a primeira correción, man non é home, senon man

Submitted by admin on Thu, 02/24/2022 - 11:31

Man é man. Parece unha perogrullada, pero explica perfectamente que non digamos lama para expresar man. En celta dicíase das dúas maneiras:

lámh1, f. (gs. láimhe, npl. ~a, gpl. ~; ds. láimh used in certain phrases).Hand, arm. 1. (a) Arm and hand.  E centos de significados máis.

mán, f. (gs. máine). 1. Lit: Hand. 2. (In phrase) ~~ a dhéanamh le leanbh, to fondle a child. Déan ~~ leis an gcat, stroke, fondle, the cat.

E agora teño que explicar o erro de asegurar durante varios números de celtia, incluso literariamente, que man traduciase por home na toponimia. Quería incoscientemente contentar aos suevistas, xa que man en xermano xeral si significa home?. Pois non, simplemente eran as primeiras traducións guiadas por un dicionario web. Dicionario web baseado en IA, é dicir ensinando a un sistema de IA, a un neural network con milleiros de textos celtas irlandeses. Pero non o deberon facer con moita pureza. Os milleiros de textos celtas actuais están comentados en inglés, polo que nese proceso, todas as palabras inglesas convértense en "celtas". O mesmo pasa con todas as palabras latinas, xa que o dicionario tradúceas como celtas. A razón, en toda a época medieval os textos celtas eran comentados en latín en Irlanda, así o dicionario celta traduce o latín como celta. Taramundi é despois do mundo? Pois si se mundi fose celta. O dicionario así o dicía pero empecei a sospeitar que estaba traducindo o mundi latino como se fose celta. Por iso non apareceu en celtia.org a espera de repensar os mundi con tempo suficiente.

Un perigo na busca etimolóxica de celtia.org que se reflicte en varias entradas como as que teñen man. Así

curmán non é home de asentamento cur+man. De feito curmán non se refire so  a homes. Man é un significado mellor acaído. Man (quizais indicando persoa que traballa coa man) do asentamento. Normalmente os que traballaban nun mesmo asentamento eran familiares entre si, así que ten sentido a evolución do significado de mán do asentamento a primo xenérico e despois a primo.

Mandiá=Man+dia non é home de deus senón man de deus. Non varia moito o significado, agás polo feito de que a man de deus podería ser unha muller e non só un home. Quizais indicaba a persoa milagrosa, con capacidade de comunicarse co deus, de intermediar co deus e servir para cumprir as decisións do deus. Ou o traballador de deus.

Momán=mo+man, traducinno por o meu home, pero que debería ser as miñas máns, quizais os meus traballos, os meus traballadores, ou ainda os meus partidarios, a miña tropa... 

Río Mandeo=En vez de sempre homes, temos que falar de sempre mans, sempre traballadores ou traballadoras, sempre cultivado ao redor do Río Mandeo.

Queda por corrixir o Río Mendo, Mens e outros onde se afirma que aparecen moitas palabras inglesas. Como acabo de explicar a razón, pois habería que matizar as palabras comúns coas inglesas, pero non, as de kin, gun, be, tame, que seguen a estar ben asentadas. As entradas que si hai que reformar son, ao menos,...

Podedes pensar que hai que modificar (polo menos) as seguintes entradas en celtia.org

O meu home

Mandiá

Ferrol é un heroe

Río Mandeo

Home Deus

Curmán

Brigantes

Seoane

Nós temos homes

Río Mendo

Mens

Perden as barbas

Came here

O recoñecemento desta eiva fixo que decidira poñer en celtia sempre unha entrada dun dicionario céltico ou protocéltico como maneira de asegurar a veracidade  do que dicía, que non daba o dicionario web do que falaba antes. Así que convertín celtia.org nun prolongado listado de entradas de dicionario. A verdade que algo molestas de ler. Pero moi efectivo, estaba con alguén bastante escéptico do tema na Seara, no Courel, e díxenlle mira o dicionario irlandés o que di de Seara. No móbil, que pode ser consultado en calquera lugar, mesmo na Seara. As palabras son as  mesmas palabras que en Irlanda, o significado pode variar lixeiramente e, nalgúns casos, moito. Pero son a mesma palabra. Non hai truculencias e maxias que cambien as palabras latinas ou suevas en palabras da toponimia, porque 1º axioma, din, os celtas nunca estiveron aquí e polo tanto non deixaron pegadas na toponimia (nada máis que algunhas poucas).

En fin, pode observarse que  case as únicas transformacións que propoño son as de latinización con terminacións a ou o. E que hai moitos centos de palabras da toponimia que están aquí en celtia.org que son indubitablemente celtas e están razonablemente ben traducidas. Aínda que sexa certo que hai algúns erros como os desta entrada. Nunca afirmei que ía conseguir o 100% de certezas. Nin moito menos.