Vimos o Treviño de Burgos-Álava. Veremos os galegos, coas súas variantes. No listado da toponimia aparecen
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Atrevida | CASTROVERDE | Bolaño (Santa Baia) |
A Fonte Treviña | LOUSAME | Vilacova (Santa Eulalia) |
A Granxa de Treviscoso | CAMBADOS | Corvillón (San Amedio) |
A Restreviña | SAN AMARO | Grixoa (Santa María das Neves) |
Camiño da Atrevida | CASTROVERDE | Vilabade (Santa María) |
Entreviñas | CALDAS DE REIS | Godos (Santa María) |
Entreviñas | OUROL | Merille (Santa Eulalia) |
Entreviñas | RAMIRÁS | Rubiás (Santiago) |
Entreviñas | TOMIÑO | Forcadela (San Pedro) |
Entreviñas, As | GONDOMAR | Morgadáns (Santiago) |
Monte Treviscoso | CAMBADOS | Corvillón (San Amedio) |
Muíño de Treviño | VIMIANZO | Treos (San Miguel) |
O Estrevio | CASTRO DE REI | Bazar (San Pedro) |
O Treviscón | MUROS | Tal (Santiago) |
Pena Trevinca | VEIGA (A) | A Ponte (Santa María Madanela) |
Río de Treviño | VIMIANZO | Treos (San Miguel) |
Treviño | VIMIANZO | Treos (San Miguel) |
Temos os Treviño de Vimianzo, a Pena Trevinca, A Fonte Treviña, todas falando posiblemente dun camiño que pasa a través ou atravesa un pico. Na Fonte Treviña a fonte está nesas proximidades do pico. Entreviñas fala dese lugar do pico se o topónimos non está falando das viñas, posiblemente en Tomiño haxa viñas e en Oural haxa un pico. Habería que comprobalo.
No Treviscoso (Monte Treviscoso, O Treviscón) é máis curioso porque ese posible camiño ten máis datos Vis-Bis, coma en Visma, que significa espiral, así que o camiño é un camiño en espiral e o cos das dúas palabras fala das ladeiras. Camiño que atravesa en espiral a ladeira, podería ser a tradución.
Restreviña sería un cultivo que atravesa o pico, a través do pico.
A atrevida de Castroverde posiblemente sexa un niño de la guía, unha castelanización de Atreviña que non saben o que significa.
+
- Log in to post comments