Oscos

Submitted by admin on Wed, 04/06/2022 - 12:27

Pasei por alí hai uns días (mellor dito, había un cartel que indicaba por onde ir). O cartel galego falaba de Oscos e a wikipedia galega fala de Ozcos nun artigo algo alucinante sobre Ozcos. Alucinante porque os letreiros que sempre lin en Fonsagrada e Ribadeo poñen Oscos e da Reserva da biosfera di que "oficialmente Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón", é dicir parece que, de modo improvisado alguén (da wikipedia?) recentemente parece cambiar o topónimo en función do eo-naviego ( Villanueva de Oscos (en eonaviego Vilanova d'Ozcos)12​ es un concejo español perteneciente a la comunidad autónoma del Principado de Asturias. Es uno de los municipios en los que se habla eonaviego (o gallego-asturiano). di a wikipedia española) , a pesar de estar falando de dous concellos de Asturias, que sempre tiveron ese nome. Se se fala de dous concellos de Asturias o nome oficial é ese. Se ademais supoñemos que é celta, nunca terán un z orixinal.

Do celta? O oz é unha castelanización producida pola igrexa, seguramente, verémolo nos apelidos galegos.

Os, o vimos recentemente en celtia.org

os2, prep. Over, above. 1. Lit:~ talamh, above ground. ~ Bóinn, on, above, the Boyne. ~ mo neart, above my strength. ~ a mhuintir, ruling his people. ~ gach flaith, greater than all princes. 2. (In prep. and adv. phrases) ~ cionn, over, above; more than; beyond; in charge of; hanging over, threatening. S.a. ceann1. ~ coinne, ~ comhair, in front of, opposite. S.a. ard13, coinne 2(d), comhair12, íseal13, meán14, méid 2. (Var:ós1)

os-3, pref. Over, above; super-, supra-

E cos vímolo un cento de veces en nomes relativos a ladeiras de montes coma Monte Ancos, Abeancos, Cospindo, galaicos, etc...

Así que a tradución, nada complicada de Oscos é "As ladeiras de riba" ou "sobre as ladeiras" como vimos noutra entrada anterior. A verdade é que esta vez a fixemos "in situ", desde a estrada na que un vé Oscos arriba. A utilidade do topónimo? Avisar que se queres ir a Oscos has atopar dificultade en pasar con carros pola inclinación que implica os montes en cuxas ladeiras viven os habitantes desas zonas. Avisa que estás entrando nunha zona montañosa, coas dificultades propias desas zonas.