Vimos en Naraío, San Sadurniño como os templos celtas quedaron reducidos a un. Ver novacarta.eu Igrexa de Santa María de Naraío
Estes días pasaba diante dun letreiro da estrada Meira-Ribadeo falando de Naraido. A Galipedia incluso fotografa o lugar
O listado de toponimia sabe dun Naraio en Muros.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Lomba de Naraio | MUROS | Louro (Santiago) |
O Curro de Naraio | MUROS | Louro (Santiago) |
O Monte de Naraio | MUROS | Louro (Santiago) |
Porque pon como outros Naraíos con til
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Campo de Fútbol de Naraío | SAN SADURNIÑO | Naraío (Santa María) |
Castelo de Naraío | SAN SADURNIÑO | Naraío (Santa María) |
Cemiterio de Naraío | SAN SADURNIÑO | Naraío (Santa María) |
Cruceiro de Naraío | SAN SADURNIÑO | Naraío (Santa María) |
Igrexa de Naraío | SAN SADURNIÑO | Naraío (Santa María) |
Naraído | TRABADA | Vilaformán (San Xoán) |
Naraído | TRABADA | Vilapena (Santiago) |
Naraío | FERROL | Marmancón (San Pedro) |
O Porto de Naraío | CAPELA (A) | Cabalar (Santa María) |
Os Naraís | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
Rego de Naraído | TRABADA | Vilapena (Santiago) |
En fin, en Naraío falamos en Celtia do seu significado de templos -plural-, de Naraí. O cal non quere dicir que non existise un só edificio con varios "templos" en distintos recunchos dedicados a deuses distintos. Agora aquí fago a predición de que nalgúns destes lugares Naraido, Naraio ou Naraío ainda quedan restos dun edificio relixioso celta dedicado a varios deuses ou deusas. So tedes que imaxinar onde e escavar un pouco.
- Log in to post comments