No castro de Donón, no Santuario de Berobreo e no Monte Donón había un santuario para eivados e petición de axuda aos deuses. Acabamos de ver que donaire é desgraciado en celta. Parece que donón ten que ver con desgraciados (donaire) que van ao templo a pedirlle ao deus a cura.
Donón era útil para as persoas desafortunadas, como se di en celta?
Pois
donán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). Unfortunate person, wretch. Persoa desafortunada, miserable, desgraciada.
Aquí, a pesar da pequena diferenza da palabra, Donón versus Donán, opino que son iguais Donón=Donán, transformado pola ignorancia do significado da palabra donán e ainda do coñecemento da existencia dun Santuario, e dun centenar e pico de aras votivas con peticións aos deuses.
Ademais haberia que lembrar herba dona e Vilar de donas para testificar que dona (de onde seguramente vén donán) é unha palabra que estaba no celta galego ben asentada como desgraciado. Así que o Monte Donón, orixinalmente Monte Donán, tamén chamado Monte do Facho (Breo en celta, traduciron ben), era o Monte dos desgraciados, dos eivados, dos que necesitaban axuda divina para resolver a súa vida.
- Log in to post comments