Callobre

Submitted by admin on Wed, 05/04/2022 - 16:00

Callobre é celta claramente, decímolo todo o mundo. Porque? A súa terminación en Bre, altura, alto, visión ampla, vimos a veces.

Pero que pasa con Callo? Pois non existe en celta, pero si

call1, m. (gs. ~).1. Call, need. 2. Claim, right. Pero non encaixa demasiado ben.

Onde están os callobres?

callobre
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Callobre MIÑO Callobre (San Xoán)
Callobre ORTIGUEIRA Céltigos (San Xulián)
Callobre OZA DOS RÍOS Cuíña (Santa María)
Callobre Vello ORTIGUEIRA Espasante (San Xoán)
Estrada a Callobre PADERNE Vilouzás (San Salvador)
Monte Callobre FENE Magalofes (San Xurxo)
O Callobre BRIÓN Brión (San Fins)
Os Callobres ROIS Urdilde (Santa María)
Ponte Callobre OZA DOS RÍOS Cuíña (Santa María)

E mellor, visitemos algún deses sitios, en google maps

Fervenza de Callobre, Cereixo

Castro de Callobre

Callobre

Rio Callobre

O Pazo de Callobre está preto do Río Callobre

Presilla de Callobre

En todos estes lugares Google Maps obséquianos con fotos de fervenzas. Non en todos os lugares O pazo de Callobre, preto da Igrexa de Callobre en Miño ten un río Callobre, e nas proximidades hai regos que se precipitan cara abaixo. Nalgún momento poido haber fervenzas.

Así ou hai ou poido haber fervenzas, e como se chamán, tamén? Pois Callón, xa o estudamos en Celtia.org relativo ao ruído da auga (llón) ao caer. Indica cá que non  vemos directamente a fonte de auga, que está pola zona.

Agora vén a eufonización para falar dunha fervenza non moi visible no alto teriamos que dicir callónbre, pero os galegos o eufonizaron a callobre Pronuncia en alto callonbre e callobre e saberás porque os nosos antergos preferiron callobre.

.