Gándaras

Submitted by admin on Thu, 05/24/2018 - 00:14

En castelán

ETIMOLOGÍA DE LA PALABRA GÁNDARA

La palabra gándara procede de origen prerromano.

Terreno bajo, sin cultivar, y poblado de vegetación silvestre y densa, como matorrales y maleza.

En galego

gándara substantivo feminino Terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza. Unha gándara chea de toxos.

. asturiana y gallega gándara — también portugués septentrional gándara,  contan en "Historia lingüística de la Península Ibérica en la Antigüedad"

Restrínxese o seu uso á  Gallaecia, entón.

"Prerromano"?

En celta significa sen autoridade, e a palabra debería ser gándaras pois a palabra autoridade e udaras cun s final. Ganudaras convértese en gándaras. Na toponimia alterna gándara -que predomina- e gándaras co mesmo significado.

Falando de modo coloquial, a que se refiren os celtas?, a un terreo salvaxe, indómito, sen ordenar e moi dificil de facelo, xa non digamos de cultivar.

Sempre me abraiou a palabra desde pequeno. Así que esta entrada cumpre un desexo intenso meu. En realidade, pásame como a moitos galegos hipnotizados por palabras máxicas da toponimia que non entenden. Quixeramos entendelas. Espero que esta web axude a poñer orde e converter as gándaras da toponimia en palabras con udaras, con sentido pleno.

Ademais asoma unha visión panteísta do mundo, a vexetación e os seres vivos deben seguir as normas, ter unha orde, servir para algo. Os que non o fan así, o fan sen autoridade. Ao quedar cristalizada a palabra no tempo, como todas as palabras celtas galegas, asoman significados e contextos  só significativos neses tempos da súa creación.

Por último, unha última interpretación de gándaras, sen autoridade, sen dono, non hai quen queira esas terras, non serven para nada.