Por unha banda o feito de chamar vila a Vilaronte indica que estamos traducindo un bally celta como vila, polo que non é unha vila con certificado real da idade media.
Por outro lado, é vila celta porque ten significado administrativo, é unha bally habitada administrativamente activa: especializada no selo quente polo que se ve. Onde podemos aplicar o selo quente? Pois fundamentalmente nos animais e moito máis nos salvaxes ou libres que están abertos a emigracións estacionais e a desprazamentos dos lugares que lle corresponde: se lle poñemos un selo está claro a quen pertencen os animais. Penso que isto o temos moi claro -incluso os habitantes das cidades- despois de ver centos e centos de películas de vaqueiros americanos en que o proceso do selo quente é fundamental para determinar a propiedade dos cabalos ou das vacas. As rapas das bestas actuais que perviven en Galicia son herdeiras deste proceso de vilas dos selos quentes.
Para máis indicación Vilaronta indicaría vila do selo unicamente; quizais o selo de Vilaronte era quente e o de Vilaronta de pergameo?
- Log in to post comments