Comezamos por tine. Que é en celta? Pois simple e moi adecuado para estes días de desastre ecolóxico no Courel e no Barco. tine1, f. (gs. ~, pl. -nte). Fire. Lume.
Cantos hai? Ao menos, estes
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Cortinela | MONDOÑEDO | Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios) |
A Cortinela | PALAS DE REI | Vilareda (San Pedro) |
A Pedrequetine | CELANOVA | Milmanda (Santa Eufemia) |
A Tintineira | MUÍÑOS | As Maus de Salas (Santa Baia) |
Camiño de Tines | VIMIANZO | Bamiro (San Amedio) |
Camiño de Tines | VIMIANZO | Salto (Santa María) |
Fonte da Tintineira | MUÍÑOS | As Maus de Salas (Santa Baia) |
Fonte do Martinete | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
Martinete, O | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
Martinete, O | CORUÑA, A | San Cristovo das Viñas (San Cristovo) |
Martineto | MUXÍA | Morquintián (Santa María) |
O Cortineiro | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
O Martinete | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
O Martinete Alto | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
O Martinete Baixo | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
O Martineto | ROIS | Urdilde (Santa María) |
Tineo | MONFERO | San Fiz de Monfero (San Fiz) |
Tineo | VALDOVIÑO | Loira (San Pedro) |
Tineos, Os | VILALBA | Tardade (Santa María) |
Tines | VIMIANZO | Tines (Santa Baia) |
Ademais temos que Tines di o dicionario celta que Seans gur foirm é tines de: tine é dicir, tines é unha forma gramatical de tine, lume polo tanto. En novacarta.eu Igrexa Parroquial de Santa Baia de Tines
Tineo pode ser coma Teo, plural de te ou máis quente. Ou sexa, lumes ou máis lumes.
E martinete lese 'coma -mar- lume -tine- quente -te-', o cal acae perfectamente en español e galego (ainda que a RAG non saiba desa palabra, os traballos só os de cidade). Di a RAE
martinete2
Del fr. martinet.
1. m. Mazo pequeño que hiere la cuerda del piano.
2. m. Mazo, generalmente de gran peso, para batir algunos metales, abatanar los paños, etc.
3. m. Edificio industrial o taller metalúrgico en que hay martinetes (‖ mazos para batir).
4. m. Máquina que sirve para clavar estacas o pilotes, principalmente en el mar y en los ríos, por medio de un mazo que se levanta en alto para dejarlo caer sobre la cabeza de la estaca.
5. m. Palo flamenco que no necesita de acompañamiento de guitarra, procedente del cante de los forjadores, caldereros, etc., que se acompañaban con el martillo.
Un martinete utilízase cos metais quentados a alta temperatura.
E tinería pode vir de tina, latín ou do feito que nese barrio houbese lume. Por algunha razón, ter obradoiros de fábrica de obxectos que requiran lume, por exemplo.
Ademáis, en Asturias temos tamén Tineo.
Queda por lembrar que os lumes correspóndense a sucesos estatísticos de longa cola nos que a verdadeira causalidade é histórica. O que fixeche ou non fixeche durante anos desencadea os resultados catastróficos ou non de hoxe. Tes limpas as terras, cortalumes cada medio km, non empuxas á xente a abandoar o campo? Non terás lumes catastróficos. Planta eucaliptos por todos os lados e cando non poidas, piñeiros ben resinosos. Fai masas forestais conexas de decenas de km2 no que o lume poida correr a gusto, e, cando poida ocorrer, se dean as condicións necesarias (quizais o cambio climático en conxunto), sucederá, terás os maiores incendos da historia. Lede o libro Ubiquity: Why Catastrophes Happen de Mark Buchanan, se o queredes entender con maior detalle.
Temos ademais que teine é outra palabra para lume en celta. teine = tine1.
Cantos hai? Poucos
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Caneiro de Teinande | CORGO (O) | Paradela (San Fiz) |
Presa de Teinande | CORGO (O) | Paradela (San Fiz) |
Teinante do Mazo | CASTROVERDE | Goi (Santa María Madanela) |
Teinei | SARRIA | A Pinza (San Salvador) |
Teiniñe | PÁRAMO (O) | Gondrame (Santa María) |
Teinogueira | POIO | Samieira (Santa María) |
A pregunta que un se pode facer é se ese lume fala de incendios ou de lume sagrado. Na miña opinión do segundo.
- Log in to post comments