mora, amora

Submitted by admin on Fri, 08/05/2022 - 21:40

Di a RAG que amora Para todas as acepcións SINÓNIMO mora substantivo feminino

1Froito da silva, de forma redonda e constituído por pequenos grans que cando están maduros son de cor negra. Licor de amoras.

2 Froito da moreira, semellante ao da silva. Foron coller amoras para facer marmelada.

Quizais neste definición falte a clave etimolóxica, se a poñemos diría esa definición

Froito da silva, de forma redonda e constituído por moitos pequenos grans que cando están maduros son de cor negra. Licor de amoras. Non é un gran ou dous, son moitos. E en celta como se di?

mór2, m. (gs. móir, npl. ~a, gpl. ~). 1. Great; much, many. moitos

Así que miramos a declinación e xa temos mora (plural de mór). Se usamos a partícula a da declinación teremos amora. Ben, resulta que o ano pasado 2021, montamos un concurso de novos poliedros nos que os rapaces deberían dar un nome a un deses novos poliedros, en galego, claro.

Novos poliedros

Podedes ver que o centro IES Camilo José Cela de Padrón acertou poñéndolle ao seu poliedro o nome de  amora porque estaba composto de moitos grans ou figuras iguais dodecaedros, algo recortados). Os rapaces e as rapazas do centro coordinados pola profesora Mercedes Ferreiro Castro, entre outras.

Así que foi no proceso de construción deste novo poliedro, (eu envieilles o STL do gran que había que reproducir unha ducia de veces e unir ou pegar para formar o poliedro. Eles milloraron o STL do gran para que poidese pegar millor. O que está claro é que todos vimos que había que unir unha ducia de grans, moitos grans, iguais, e, acertadamente, díronlle o nome galego de amora. De aí a pensar na etimoloxía celta non hai máis que un paso.

Que seguramente non houbese dado con ela se non o fixese tan ben o IES Camilo José Cela de Padron, os profesores e alumnos dese centro.

Ademais de que mor abunda na toponimia, Vilamor, vila grande, das poucas que non se converteron ao latín en Vilamaior, ou outras coma Morquintián, etc.

Na declinación aparece

AINMNEACH

móra

mhóra (CONSAIN CHAOLAITHE)

GINIDEACH

móra (TRÉANIOLRAÍ)

mór (LAGIOLRAÍ)