Castrolandín- segunda parte

Submitted by admin on Sat, 09/03/2022 - 12:02

En castrolandín expliquei que era un castro con lan-moito dín-tellado. Vendo fotos do castro opinei, nalgún momento, que, posto que o castro tiña poucas casas o castrolandín podería ser un nome irónico. Pero sería a primeira vez que atopase algo así. A xente, nos nomes, non tiñan tempo de usar a ironía ou frores decorativas. Tiñan que ser precisos e certeiros.

Así que visitando a semana pasada Castrolandín, cuxo resultado está en novacarta.eu,  Castrolandín vese un castro con oito casas excavadas (non son polo tanto, moitas o que contradí o nome). Teñen unha extensa explicación nos carteis que reproducimos. Se non había moitas familias no castro cal era a función del? Pois era -mirade as fotos que o afirman- un castro de vixiancia, un don, un castro cuxa función non era ser habitable senón un posto que avisaría aos outros dous castros( Castro Sevil e Castro do Alto (Laxós)) que hai montes arriba e si serían habitados. Pero entón o nome? O explican as fotos. O que se vé desde o castro é "moito tellado", o nome sería unha abreviatura de "domina moito tellado", "vese moito tellado",  "vixían moitas casas e vilas do val".

A descrición que fan nos carteis non contemplan esa posibilidade, que para min é a solución a esas contradicións entre o nome e o castro. Din que o castro está por excavar, pero realmente, pouco queda sen excavar. Se miramos o enorme esforzo, coma nos conta o cartel, en construílo, e como de ameazante aparece a súa figura desde a estrada actual, entendemos outro aspecto da súa estratéxica construción: dar a coñecer que alí hai un castro que vixía o val, que protexe os labores agrícolas do val, cuxos guerreiros poden intervir para resolver conflitos ou repeler visitantes non amigables.

Ademais de servir de intermediario entre os outros castros do alto e o val. Veñen invasores? Avisas aos dous castros do monte citados (e último extremo refuxio tamén para os habitantes de val), e aos habitantes do val para que se refuxien. Unha confederación de castros e habitantes agrícolas do val, que lle proporcionarían alimentos. De feito, como din no cartel, os castros do monte son os que constrúen este de Castrolandín.