A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña.
Na visita a Cuntis, Barro e Moraña visitei a Lapa de Gargantáns. Está en novacarta.eu Lapa de Gargantáns
Previo, Barro é tal coma o nome celta Barr, un pico que domina unha zona ampla. Vese algo dese feito nas fotos de Barro. Por exemplo, a última foto de Concello Barro.
En canto a Lapa a vimos xa en celtia.org como pé, lapa, o que, no caso da lapa de Gargantáns, é moi certo, é unha pedra chantada, encastrada no chan, un menhir.
E que pasa con Gargantáns?
Pois ten unha tradución doada: garg (rudo) an tan (no tempo en que) s (eufonia ou falso plural).
garg, a1. Acrid, bitter; rude, harsh; rough, fierce. Acre, amargo; groseiro, áspero; áspero, feroz.
tan, s. conj. & adv. Lit:1. Time, occasion. 2. Conj. (An) ~, at the time that, when, whenever; since. 3. Adv. Once upon a time, once
En galego, Tempo, ocasión. 2. Conx. (An) ~, no momento que, cando, sempre que; xa que. 3. Adv. Érase unha vez, unha vez
Os que lle diron o nome a zona falaban de que os que construíron a lapa vivían en tempos rudos, amargos. No momento que, cando, a vida era ruda, amarga ou en tempos de maría castaña ou de antes do neolítico onde os cazadores recolectores tiñan que camiñar moitos kms para coller a caza ou recoller froitas.
Se isto foi así quere dicir que para eles era algo importante e salientable, e aínda máis, entendían o que era e para que era, tiña unha función clara. Pode que para nós non sexa importante porque temos a hora na man, ou no móbil ou en calquera sitio. Para eles era:
-Un perfecto reloxo de sol pois a lonxitude e orientación da sombra permitía saber a hora do día na que se estaba. Vese nas fotos de novacarta.eu
-Unha posible perfecta calculadora do solsticio de inverno no lugar. Hai unha pequena dificultade que é que din algúns que está cambiada de lugar, polo tanto, se é así, vai ser difícil comprobar ese efecto, xa que o que sinalaría o solsticio serían duas arestas opostas do menhir. Xa que é moi especial e ten catro lados que se unen 2 a 2 en arestas. Por se se movese
-As cazoletas e marcas no menhir sinalan probablemente astros ou conxuntos de astros visíbeis no horizonte na dirección do solsticio de inverno. As ondulacións probablemente non sexan serpes senón indicacións de variacións. Como xa teño comentado nalgún artigo de Gamma e sobre Newgrange. Moitos irlandeses así o cren.
Alguén se anima a facer os cálculos comigo?
- Log in to post comments