Garga e Gargalón

Submitted by admin on Thu, 09/15/2022 - 10:51

Xa que vimos Gargantáns e falamos de Garg, imos ver que hai outros topónimos no listado deles que conteñen garg, como garga e gargalón que imos tratar nesta entrada.

Garg diciamos que era

garg, a1. Acrid, bitter; rude, harsh; rough, fierce. Acre, amargo; groseiro, áspero; áspero, feroz.

Así que garga aparece, ao menos, en

garga
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Chan da Garga SANTIAGO DE COMPOSTELA Verdía (Santa Mariña)
A Garga AMES Ames (San Tomé)
A Garga AMES Covas (Santo Estevo)
A Garga PONTECESO Anllóns (San Fins)
A Garga SANTIAGO DE COMPOSTELA Grixoa (Santa María)
A Garga VAL DO DUBRA Portomouro (San Cristovo)
A Garga VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
A Insua da Garga VAL DO DUBRA Portomouro (San Cristovo)
Angargas BRIÓN Cornanda (Santa María)
As Gargas SANTIAGO DE COMPOSTELA Cesar (Santa María)
As Gargas VIMIANZO Bamiro (San Amedio)
As Gargasas SARRIA Meixente (San Xulián)
Camiño da Garga VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
Camiño das Gargas VIMIANZO Bamiro (San Amedio)
Cruceiro da Garga PONTECESO Anllóns (San Fins)
Engarga AMES Lens (San Paio)
Engarga BRIÓN Brión (San Fins)
Garga OROSO Trasmonte (Santo Estevo)
Garga, A PONTECESO Anllóns (San Fins)
Muíño da Garga AMES Ames (San Tomé)
O Alto da Garga VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
O Monte da Garga SANTIAGO DE COMPOSTELA Verdía (Santa Mariña)
O Prado do Gargaxo CORGO (O) Gomeán (Santiago)
Ponte da Garga PONTECESO Anllóns (San Fins)
Rego da Garga VAL DO DUBRA Portomouro (San Cristovo)

Cal é a función do topónimo? advertir de que este é un lugar rudo e áspero, non moi apetecible de estar. O monte da garga pode ser un monte áspero, con moito toxo e infranqueable, por poñer un exemplo.

Gargaxo=Garga+so este é rudo, áspero.

Engarga, pode vir de in+garga xa que in

in1, pron. (Form of sin1frequently used after copula) That.

in5 :i2. en, en galego.

in-2, pref. (Lenites b, c, f, g, m, p) Capable of, fit for, fit to be.

Angarga=An+garga, o rudo.

E gargasas=garga+sa= En áspero

Vexamos un exemplo no que acaen moi ben os significados das dúas partículas da palabra. Gargalón

Gargalón, Gargallón
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Cavaxe do Gargalón GUDIÑA (A) O Canizo (Santa María)
A Fonte do Gargalón GUDIÑA (A) O Canizo (Santa María)
A Fonte do Gargalón MEZQUITA (A) Chaguazoso (Santiago)
A Fonte do Gargalón VIANA DO BOLO Tabazoa de Hedroso (Santa María)
Camiño do Gargalón VEIGA (A) Castromao (Santa María)
Fonte do Gargalón RIÓS Castrelo de Cima (Santa María)
Gargallóns CAMPO LAMEIRO Fragas (Santa Mariña)
O Gargalón MEZQUITA (A) Chaguazoso (Santiago)
O Gargalón RIÓS Castrelo de Cima (Santa María)
O Gargalón VEIGA (A) Castromao (Santa María)
O Gargalón VIANA DO BOLO Covelo (San Lourenzo)
O Gargalón VIANA DO BOLO Rubiais (San Cibrao)
O Gargalón VIANA DO BOLO San Martiño (San Xoán)
Os Gargaletes MURAS O Viveiró (Santa María)

En primeiro lugar, temos ata catro topónimos falando de fonte do gargalón, na que a palabra fonte está duas veces, unha en galego (fonte) e outra en celta(lon), corroborando, por se fixese falta, o significado de lon, fonte, provisión de auga.

Pero unida a garga, que é gargalón? Pois dos significados de garga escollemos agora acre, amarga. Trátase dunha fonte de auga -algo- acre, amarga. Ten algún composto químico que lle dá ese sabor amargo. Poderiamos venderlle esas fontes a bitter kas, por exemplo...

Gargallón xa sabemos que é porque llón é unha maneira de pronunciar lón, máis eufónica, máis contundente.

En canto a Gargalete=Garga+le+te é seguramente unha fonte amarga pero le(con) te(calor). Algo quente, polo menos.

Unha análise química das augas destes gargalóns podería confirmar ou non esta tradución en cada caso. Os químicos galegos xa tedes traballo para algunha tese ou tesina.