Briteiros

Submitted by admin on Thu, 05/31/2018 - 11:42

Briteiros  é unha citania xigantesca no norte de Portugal, na zona da Gallaecía, caracterizada pola fermosa "pedra formosa" ou pedra decorada na entrada dun baño de vapor celta (ao que había que entrar por un recuncho pequeno). A cultura do corpo, os baños deste tipo hainos en varios castros, moitos anos antes dos baños árabes de Córdoba (hai anos un maxistrado dicía que os andaluces eran mellores porque en Córdoba había baños cando no norte andabamos todos sucios). Un exemplo máis da administración e da cultura refinada dos celtas galegos.

A citania está construída nun monte. Ten unha extensión enorme, pero é unha extensión plana orientada ao solpor, de modo que o sol apreta durante todo día agás ao mencer. Algún dos seus habitantes non soportaban demasiado a calor porque díronlle o nome de Outeiro quente en demasía. Abreviando, outeiro quente.

Como xa dixemos, utilizamos bri e bre (celta antigo e incluso galo e bretón) para designar un lugar alto, un outeiro e te significa quente. Como curiosidade hoxe en irlandés bre é xacer.