Gargantúa, O xogo da ola, Gargamala

Submitted by admin on Thu, 09/15/2022 - 22:55

En gargacido xa explicamos que garga era unha palabra moi extendida en indoeuropeo, ata na India, como aparecía ao declinar garg en celta e como vimos en entradas un pouco anteriores a esta o significado en celta.

Agora queremos considerar que aparece na literatura europea como Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais nado cerca de Chinon (na antiga provincia de Touraine). Pero é que nesa zona habitaba os Turoni, antes da romanización, unha tribu céltica. Así o nome de Gargantúa ten, seguramente, unha orixe céltica. Seguramente Garga an túas (o rudo de arriba), coma o noso Brantúas.

Pero, volvendo a Galicia, nese libro contan como xogaban ao xogo da ola, ao que tamén xogamos nós: O xogo da ola é un xogo popular celebrado no entroido en varias vilas galegas. Casualidade, coma sempre? Non, estamos falando da mesma cultura céltica en dous países célticos que conservan ese mesmo xogo atravesando miles de anos. Como non é casualidade que teñamos as gaitas en común. Hai unha liña xenética, cultural e idiosincrática que nos une aos celtas do Atlántico e a Bretaña en particular.

Pero seguimos coa toponimia e temos Gargamala:

Gargamala
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Ponte Gargamala FORNELOS DE MONTES Fornelos de Montes (San Lourenzo)
A Ponte Gargamala FORNELOS DE MONTES Ventín (San Miguel)
As Pontes Gargamalas FORNELOS DE MONTES Ventín (San Miguel)

ás que deberiamos engadir o Gargamala canónico, que non ten o listado, Gargamala, Mondariz, de onde Celso Emilio dicía que " Fuco Pérez sin segundo, / veciño de Gargamala". Se miramos en google maps vemos un círculo de estradas que rodean a parroquia. Círculo que seguramente segue as curvas de nivel da zona e o centro é unha zona máis baixa. Estamos a falar dunha bolsa. Mala é bolsa en celta. Así que Gargamala é unha bolsa (unha depresión do terreo) garga, é dicir, ruda, áspera, difícil, quizais referido ao feito que non tiña estradas que chegasen ata alí ou non poidesen facer a viaxe con carros.