A diversidade en poboacións pequenas: o efecto fundador

Submitted by admin on Thu, 09/22/2022 - 11:29

O efecto fundador ten unha dificultade de entendemento para moitos científicos e non científicos. Así Oppenheimer (The Origin of the British), un médico, parece entender que se os galeses teñen un 90% de haplogrupo R1b e os vascos tamén, dedúcese que os galeses son vascos. Isto non ten en conta o efecto fundador: cando dunha poboación se segregan pequenos grupos poboacionais, estes, en xeral non terán o mesmo espectro de características xenéticas da poboación orixinal: se os que emigran teñen o 90% de haplogrupo R1b, os seus descendentes terán esa proporción, pero os seus antecesores non teñen porque tela. En Galicia, a orixe do haplogrupo R1b, non todos os habitantes o teñen. Xa que teñen moitas variantes de R1b e non só das máis extendidas por Europa. Por exemplo a variante Rory que é única en Europa e que conta Oppenheimer hai en Galicia e na zona de Galway e Connemara, a zona máis celta, onde se conserva mellor  o celta de Irlanda. Unha casualidade, opina Oppenheimer. Todo o que ocorre en Galicia e a lingua celta son casualidades, opina moita xente.

Tamén o principio biolóxico que contradí ese tipo de opinións é que onde esta a orixe dun haplogrupo será onde haxa máis diversidade xenética arredor dela, non onde haxa máis porcentaxe del. Isto elles difícil de entender.

Pero  hai quen opina, por exemplo Spencer Wells, que a tribu africana San (vídeo El viaje del hombre en youtube, min 10:19) é a orixe da humanidade porque nela poden observarse individuos que parecen asiáticos, africanos, europeos, etc. Teñen toda a diversidade xenética que despois aflorou, por efecto fundador, en cada un dos lugares onde se asentaron.

Neste mapa de haplogrupos podedes ver que

1º) O R1b aséntase ou  prodúcese en Galicia-norte de Portugal hai 25000 anos

2º) Vén de África. Todos somos africanos e non somos os humanos máis antigos en migrar desde África. Así que a insistencia en que hai moitos africanos en Galicia é unha insistencia anticientífica e digna de ser tratada noutro momento. Que humanos non son de orixe africana? Como di Spencer Wells "You and I, in fact everyone allover the world, we're all literally African under the skin; Brothers and sisters separated by a mere 2.000 generations. Old fashioned concepts of race are not only socially divisive, but scientifically wrong. It's only when we've fully taken this onboard, that we can say with any conviction that the journey our ancestors launched all those years ago, is complete" (Spencer Wells, 2002)

Como adianto mirade este mapa e decide se os galegos son os máis "africanos modernos" de España. E de Europa?

En realidade un investigador galego debería facer fincapé neste outro mapa que se pode ler como toda Europa occidental é maioritariamente galega.

Cuxa explicación está nos cambios climáticos de hai 20000-8000 anos e o colo de botella da humanidade europea. E este xa é o segundo mapa que ten o R1b como destino Galicia.

Tedes no pdf do final, diversidade.pdf, a explicación do efecto fundador e do colo de botella, pero tamén quero exemplificar os efectos de mala utilización da lóxica neste mapa:

Vinno nun lugar de teorías xenéticas curiosas e pretende indicar subliminalmente ou directamente que os irlandeses, escoceses e ingleses son "rusos", porque teñen a mesma porcentaxe de rubios pelirroxos que unha zona de Rusia que ten a mesma proporción.

En realidade a proporción de rubios pelirroxos de Galicia é alta, pero non tanta como evidentemente é a de Irlanda (So tedes que ver o libro de Kells no que todos os monxes que aparecen son rubios pelirroxos), Escocia e Inglaterra. E claro que te confundes se non aplicas a idea do efecto fundador. Os galegos que repoboaron Irlanda e Gran Bretaña non estaban na mesma proporción de cor de pelo que os galegos actuais. O  efecto fundador prodúcese porque nos que foron eran rubios-pelirroxos nunha proporción moito máis alta cos que quedaron en Galicia.

Ficheiro