Intelixencia Artificial e celtia.org

Submitted by admin on Wed, 11/16/2022 - 12:54

Xa falei varias veces da influencia da IA na construción de celtia.org Ter un dicionario ou tradutor feito con Intelixencia Artificial ten varias vantaxes (case sempre ten unha solución, que moitas veces despois comprobas noutros dicionarios); recolle dicionarios de Old Irish ou Middle Irish. Chegas a moitas palabras que, de entrada, son difíciles de atopar.Etc E moitas desvantaxes (está feito sobre a base de textos dos cales moitos son comentarios en inglés, polo tanto inclúe como celta gaélico todo o dicionario inglés ou o dicionario latino, xa que hai moitos libros con comentarios en latín medieval). E aínda máis, unha propiedade que o descoloca todo, que é que en cada día para certas palabras pode dar traducións distintas. A opción de cambiar o significado das palabras o cambia todo. Cen persoas afirmando que tal palabra significa unha burrada calquera modifica o dicionario e respóndeche coa burrada. De aí que non é fiable e as "manganchas" dos anticeltistas nese dicionario celta o confunden todo. Por iso hai en celtia unha extensa utilización do mellor dicionario irlandés na que estean moi, moi claros os significados irlandeses que contrapoñemos á toponimia, ao que é posible ver no lugar ou aos significado dos dicionarios da RAG, da RAE, etimolóxicos, etc

A maneira de traballar foi evolucionando co tempo, tratando de corrixir os erros do sistema que utilicei en cada momento.

Pero agora mesmo imos utilizar as vantaxes e inconvenientes da IA para ver como era Breogán e como eran os celtas galegos (si, celtas, ver a próxima entrada R1b=celta) . Utilizamos a IA de DALLE 2

DALL·E 2 is a new AI system that can create realistic images and art from a description in natural language.

Que funciona poñendo imaxes correspondendo a un texto. Elixin este texto "The Galician Celts arrived in Ireland with their king Breogan and their bagpipes" e as impresionantes imaxes que veñen a continuación poderemos ver que significa celta galego para Dalle, como non teñen cara e si kilts e como ademais de extrañas gaitas aparecen karnyx celtas (ver igaciencia). Todo nunha paisaxe mariña. A IA sabe que tes que ir e chegar por mar.

En fin, unha intelixencia "mecánica" actual sabe poucas cousas dos celtas galegos e as debuxa pobremente en 10 segundos. Pero sabe moito máis ca maioría dos galegos, incluíndo aos negacionistas.

Celts descended from Spanish fishermen, study finds

https://genealogyadventures.net/2017/01/12/is-there-trace-iberian-results-in-your-british-dna-this-might-be-why/