De onde vén ceo

Submitted by admin on Fri, 06/01/2018 - 16:21

En  castelán, cielo di a DRAE que procede do latín caelum. Xa que logo aquí, en Galicia, dirase que ceo procede de caelum. Si?

Que é ceo en celta? Pois néboa. O tipo de ceo cuberto común en Galicia. Parece que non hai dúbida que a palabra celta ceo despraza lixeiramente o significado de néboa, un tipo especial de ceo, a calquera tipo de ceo en galego-latín. Tendo en conta a influenza celta en Castela eu non lle negaría a posibilidade que o cielo castelán proceda do ceo celta. Desde logo, as outras -varias- teorías que derivan cielo do grego parecen esotéricas: un pobo que nunca estivo en Castela e que está a miles de kilómetros dá lugar a esa palabra, segundo eles, mentres os habitantes durante miles de anos de Castela non teñen nada que dicir na lingua, son ninguneados polas mentes librescas dos eruditos fantasiosos que lles gustaria que o castelá tivese unha orixe prestixiosa como a grega e non a vulgar do celta galego.

Ver http://etimologias.dechile.net/?cielo

ceo galego
Aínda nos momentos de ceo claro a néboa asoma no mar galego