Hai xenetistas galegos que prefiren chamar aos primeiros portadores do R1b coma "franco-cantábricos", probablemente para eludir a súa verdadeira orixe.
Pois eu prefiro chamalos "celtas" e aquí mesmo tratarei de explicar o porque. A ver que tal resulta de convincente. Xa me diredes.
En primeiro lugar diversas fontes apuntan a Galicia coma a orixe do R1b, entre elas a dun vídeo de Stephen Wells "the Journey of Man" na que sinala Galicia como destino final dos orixinarios do R1b.
O feito de que en Galicia teñamos máis variabilidade xenética de R1b apunta ao mesmo: polo efecto fundador imaxinemos unha poboación con variantes A(52%) b(25%) e C(10%) das que se separan un pequeno grupo de persoas, pois en pouco tempo o máis probable é que ese grupo perda a variación C e , máis adiante, a B. Así os emigrados son máis puros en variantes maioritarias ca poboación orixinaria. Pero os orixinais seguen a ter A, B e C. Teñen máis variantes.
Sexa como sexa R1b faise dominante na Europa Occidental. Cando? Ao menos hai 25000 anos. E non falan? Pode que non para os que pensan que os prerromanos galegos non sabían falar... Sen bromas, teñen unha fala que espallan o mesmo que a súa xenética R1b.
Agora ben o razonamento fundamental: os cambios nas linguas co tempo son proporcionais ao número de falantes e a concentración deles.
A letra con sangue entra...
Supoñamos que en Galicia hai 1000, 10000, 100000 ou 10^6 habitantes. Con 1000 habitantes espallados por toda Galicia a súa obriga é aprender -memorizando e sacralizando a lingua- a comunicarse de modo que nin se lle ocorra facer variacións dela, pois entón a lingua deixa de ter a función de comunicación. Se non se entenden, para que quere falar e a fala? Incluso a lingua debe quedar marcada a fogo nas mentes da xente para que non a esquezan.
A lingua debe ter declinacións e flexións difíciles para ser inesquecible. Canto máis antiga sexa unha lingua máis dificultades de aprendizaxe debe ter, e é así pola necesidade pouco frecuente de comunicarse entre grupos moi illados. Se fose fácil mudar a lingua os habitantes de Viveiro non se entenderían cos de Ferrol en pouco tempo. Aquí deberiamos falar dos intentos de facer unha lingua fácil de aprender: o esperanto ou a interlingua, de Peano, xustamente un latín sen flexións. Pero unha lingua fácil de aprender é tamén fácil de modificar e de que perda o seu carácter comunicativo.
Pero que pasa se temos non 1000 senón 10^6, un millón de habitantes en Galicia? Pois en Viveiro ou en Ferrol temos uns miles de habitantes que cada vez son máis autónomos poden cubrir moitas necesidades entre os da zona. A necesidade de comunicarse cos de lonxe baixa: Agora comunícanse un 75 por cento cos veciños só e só raramente viaxan, quizais só uns poucos. Liberdade para cambiar, faremos primeiro uns dialectos de Viveiro e de Ferrol modelizados por dúas forzas: a necesidade de intercambio e comunicación cos veciños lonxanos e a necesidade de seguir a historía propia, os contos, as aventuras, as narrativas e as circunstancias dos que viven máis preto. Nacen palabras de uso local. Algunhas delas fanse comúns, outras permanecen locais.
En fin, hai 25000 anos toda Europa Occidental falaba a mesma lingua, un proto-proto celta, esa é a miña hipótese. E xa acabo de contar -na entrada anterior-a miña opinión sobre os tempos do indoeuropeo, que non poden crearse antes de 6000 anos porque "o mundo non existía" antes desa data. Pois si, si existía, nun mundo en que as invasións e as conquistas non tiñan inimigos que conquistar. O mundo é moito máis antigo ca o que di a Biblia.
Así que o misterio dos celtas en Irlanda e en toda Europa occidental resúmese nunha tautoloxía: non é preciso considerar unha invasión, simplemente celtas eran todos. Non é preciso considerar o ADN moi específico como ligazón dos celtas, chega con que fagamos a ecuación R1b=celta e xa temos explicada a orixe dos celtas irlandeses, da lingua dos galos e dos galos, dos ligures, e dos centos de linguas celtas en que se vai dividindo no milenio I a. C. , xa cun aumento importante da poboación europea, a lingua celta orixinal R1b.
Non é certa a tontería irlandesa do "We are not celts, we are galicians" que leva a Colin Renfrew a inventar unha orixe en Turquía dos celtas e que dá lugar a novas teorías de invasión. Se son xeneticamente galicians, galegos, son celtas e falan celta porque a falaban os galegos, xustamente, un grupo celta orixinario e que máis adoraba a súa lingua. Pero si o que é certo que o misterio dos celtas en Europa-do que falaba a exposición italiana sobre ese tema- é doado de resolver pola navalla de Ocam. Os celtas son xeralmente pacíficos, respectan as normas, non invaden máis que puntualmente Grecia e Roma. Viven e deixan vivir. E só existe unha liña xenética de proximidade -máis próxima- entre Galicia e os demais celtas atlánticos. Cos demais temos a proximidade -moito máis distante- do R1b de Europa occidental.
- Log in to post comments