Hai abundantes Pacios en Galicia. Exactamente 137 no meu listado.
Nalgún lado creo lembrar que lin que viña de palacios (total so lle falta un la), coma pazos. Pero hai unha pequena dificultade nese razoamento. Resulta que non hai ningún Pacio, todos son Pacios. Ah, claro, é que habían neses lugares moitos palacios. Cales? reto a que se citen en cada lugar Pacios os Pazos que existan alí.
Penso que ningún, pero non os vou comprobar. Ademais eu citaría que a miña experiencia latina foi ir dous meses, a 4 cursos da SMI- Sociedade Matemática Italiana, cunha beca, a un Pallazone que herdou a SMI dun conde ilustrado en Cortona (eu nos fins de semana visitaba Florencia, Arezzo, Siena,..). Cortona ten o seu museo de Frei Angélico e de momias exipcias. Coma todos os galegos galegofalantes, entendía perfectamente o italiano, ainda que os italianos preferían falar comigo en inglés. Isto vén a conto porque se viñera de Palacio daría Pallazone coma en Cortona. Probablemente.
Todo isto para asegurar que Pacios é celta e é unha das poucas palabras galegas que mostra as características económicas do seu tempo e dese lugar. Vexamos:
pa-cios
pá1, m. (gs. ~, pl. ~nna).Pay, wages (paga, salario)
cíos, m. (gs. ~a, pl. ~anna).1. Rent. (renda)
Así as dúas palabras son coherentes entre sí. Nesa zona de Pacios os habitantes alugan o lugar e teñen que pagar renda. Non son príncipes en Pallazones (coma quereríamos que fose), ou Pazos, senón que pagan renda.
- Log in to post comments