Eu ouvín a miña primeira lección sobre a orixe das palabras en 6º de Bacharelato nunha clase de Lengua e Literatura Española que impartía o Director, un salmantino, catedrático de Lengua Española, casado coa catedrática de Física e Química, navarra, que seguramente foi a impulsora do frontón navarro e cuberto onde xoguei os sete anos do instituto á pelota vasca.
Ben, nese curso no que estaba Vicente Araguas e outros lingüistas o Director dicíame que debía ir por Letras porque chegaría a ser facilmente catedrático de Instituto (naquel momento moitisimo máis prestixiado que nas actualidades seguintes) de Lengua, supoño. Fíxenlle caso e o fun de Ciencias. Xa daquela estaba en contra da valoración Ciencias/Letras en España e en Galicia, en particular e o meu particular obxectivo era cambiar esa situación. Demasiado ambiciosa para a miña capacidade, desde logo. Algo fixen, pero... polo menos entenderedes mellor o do día da Ciencia en Galego e Igaciencia.
Ese mesmo ano tamén fun premiado, nun acto no salón, con todo o instituto presente, con libros: Galicia (Guía espiritual dunha Terra) de José Mª Castroviejo e libros de Arte (Picasso, Matisse, Miró,...). Agora entenderedes mellor novacarta.eu e galega.org.
Ben, pois a historia é que o director fíxome unha explicación -especial para min, pensei- da orixe da palabra Díaz. De fillo de Diego, pasando por didaci, fixo unha serie de pasos co símbolo > que vin por primeira vez nese contexto.
Todo isto para explicar o sacrilexio que vou facer nesta entrada. Opinar que ese profesor meu estaba errado e Díaz é celta por millo ou cereal.
Vexamos as 49 entradas do listado de toponimia
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Canteira do Díaz | OÍMBRA | Oímbra (Santa María) |
A Casa de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Casa de Díaz | CORGO (O) | O Corgo (San Xoán) |
A Casa de Díaz | SAMOS | Castroncán (Santa Marta) |
A Cortiña de Díaz | CORGO (O) | Castrillón (San Salvador) |
A Cortiña de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Cortiña do Díaz | VEREA | Verea (Santiago) |
A Costa de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Cruz do Díaz | PONTENOVA (A) | A Pontenova (Sagrado Corazón) |
A Horta de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Leira Grande de Díaz | PADERNE | Adragonte (Santiago) |
A Olga de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Pena de Díaz | RIBEIRA DE PIQUÍN | Os Vaos (San Xoán) |
A Porta de Díaz | CORGO (O) | Folgosa (San Martiño) |
As Leiras de Díaz | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
As Leiras de Pepe Díaz | CERDIDO | A Barqueira (Santo Antonio) |
Cabozo de Pordíaz | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Cabozo do Díaz | PONTENOVA (A) | Bogo (San Pedro) |
Cabozo do Díaz | PONTENOVA (A) | Vilaboa (San Xulián) |
Cortiña de Pedro Díaz | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Cruceiro de Díaz | ROIS | Urdilde (Santa María) |
Díaz | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
Díaz, Os | OUROL | San Pantaleón de Cabanas (San Pantaleón) |
Eira de Díaz | BOQUEIXÓN | Sergude (San Breixo) |
Farruco Díaz | BURELA | Burela (Santa María) |
Fonte Díaz | TOURO | Touro (San Xoán) |
Martín Díaz | PADERNE | Vilamourel (San Xoán) |
Muíño de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
Muíño de Díaz | MONDOÑEDO | Vilamor (Santa María) |
O Agro de Díaz | SARRIA | Maside (San Pedro) |
O Coto de Anderedíaz | MURAS | O Viveiró (Santa María) |
O Coto de Díaz | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
O Monte de Roidíaz | MURAS | O Viveiró (Santa María) |
O Prado de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
O Prado Pequeno de Díaz | CORGO (O) | Castrillón (San Salvador) |
O Rego de Díaz | CORGO (O) | O Alto (Santalla) |
O Vilar de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
Pedro Díaz | BARREIROS | Celeiro de Mariñaos (Santa Cristina) |
Pombal da Casa de Díaz | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
Ponte do Muíño de Díaz | CORGO (O) | Castrillón (San Salvador) |
Rego de Roidíaz | MURAS | O Viveiró (Santa María) |
Roi Díaz | PADERNE | Vilamourel (San Xoán) |
Roidíaz | VILALBA | Román (Santalla) |
Rúa Alcalde Gerardo Díaz | FENE | Fene (San Salvador) |
Veiga de Díaz | FOZ | Cordido (San Xiao) |
Vilardíaz | FONSAGRADA, A | Veiga de Logares, A (Santa María) |
Xan Díaz | FENE | Magalofes (San Xurxo) |
Xan Díaz | RIOTORTO | Santa Marta de Meilán (Santa Marta) |
Xoán Díaz | FENE | Magalofes (San Xurxo)............................. |
Aparentemente hai varios tipos de Díaz, coma o moi evidente Rúa Alcalde Gerardo Díaz ou Xan Díaz no que é un apelido, sen discusión, pero Vilardíaz, Ponte do Muíño de Díaz, son ambiguos, e máis claros A Leira Grande de Díaz, O Rego de Díaz, Muíño de Díaz, A Horta de Díaz cabe perfectamente ser substituído o Díaz por millo ou cereal.
Porque millo ou cereal?
Diaz non existe en celta, ten z. Imos substituír z por s. Dias. Miramos no dicionario
dias1, f. (gs. déise, npl. ~a, gpl. ~). 1. Ear of corn. ~ chruithneachta, eorna, ear of wheat, of barley. ~ seagail, head of rye. 2. Bot: Spike.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A canteira do Cal de Xan Días | ARTEIXO | Pastoriza (Santa María) |
A Casa das Labradías | POBRA DE TRIVES (A) | Vilanova (Santa María) |
A de Verdías | PONTECESO | Pazos (San Salvador) |
A Eira de Xandías | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
As Abadías | CERDEDO | Cerdedo (San Xoán) |
As Cofradías | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
As Fincas das Labradías | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
As Labradías | CASTRO CALDELAS | Mazaira (Santa María) |
As Labradías | CASTRO CALDELAS | Tronceda (Santiago) |
As Labradías | CASTRO CALDELAS | Vimieiro (San Xoán) |
As Labradías | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
As Labradías | MONTEDERRAMO | Seoane Vello (San Xoán) |
As Labradías | MONTEDERRAMO | Vilariño Frío (Santa María) |
As Labradías | PARADA DE SIL | Parada de Sil (Santa Mariña) |
As Labradías | POBRA DE TRIVES (A) | Barrio (San Xoán) |
As Labradías | POBRA DE TRIVES (A) | Mendoia (Nosa Señora da Concepción) |
As Labradías | VEDRA | San Pedro de Vilanova (San Pedro) |
As Pudías | PALAS DE REI | Maceda (San Miguel) |
As Regadías | LALÍN | Méixome (Santiago) |
As Regadías | TOMIÑO | San Salvador de Tebra (San Salvador) |
As Regadías | TOMIÑO | Tebra (Santa María) |
As Xudías | BARREIROS | San Pedro de Benquerencia (San Pedro) |
Cruz das Labradías | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
Días | VILASANTAR | Vilariño (Santa María) |
Labradías, As | MONFORTE DE LEMOS | Piñeira (San Martiño) |
Monte das Verdías | PONTECESO | Pazos (San Salvador) |
O Cal de Xan Días | ARTEIXO | Pastoriza (Santa María) |
O Cal do Bardías | FERROL | Marmancón (San Pedro) |
O Canizo de Xandías | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
O Días | XOVE | A Rigueira (San Miguel) |
O Hórreo de Días | ARTEIXO | Chamín (Santaia) |
Os Judías | FERROL | A Cabana (Santo Antonio) |
Valcedías | VIANA DO BOLO | Grixoa (San Pedro) |
- Log in to post comments