Meimil

Submitted by admin on Wed, 12/28/2022 - 09:48

Vinno nunha caseta dun artesán na Praza de San Marcos en Lugo hai 2 días. Realmente non debe haber moitos topónimos con ese nome. No listado de toponimia aparecen 3 no mesmo lugar de Barreiros:

Meimil
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Fonte de Fontemeimil BARREIROS San Cosme de Barreiros (San Cosme)
Fontemeimil BARREIROS San Cosme de Barreiros (San Cosme)
Muíño de Fontemeimil BARREIROS San Cosme de Barreiros (San Cosme)

Así non é moi importante nin polos lugares onde aparece, nin porque sexa importante o mesmo lugar. Pero si reafirma a maneira de falar celta galega de Eu en... como en Meira e a maneira de alabar a conexión mística que mantemos coa nosa terra.

Meimil significa Eu en mel, Eu estou vivindo no mel, nun lugar doce e querido para min. Hoxe diriamos con visión xudeo-cristiana:

Aquí estou na gloria. Ou aquí está a miña felicidade, teño auga abundante-fonte- e trigo para facer pan-muíño. Nin que dicir ten que o significado é similar ao máis extendido Ramil=Dicir mel. Este lugar é coma dicir a gloria. Neste caso non so o di unha persoa. Todos o din. Completando o significado de Ramil do que xa falamos.