Di a RAG que faladeiro, faladeira adxectivo Que fala moito, que lle gusta conversar. Éche un rapaz moi faladeiro, é raro que non parole con nós cando o atopamos. SINÓNIMOS falador, falangueiro, locuaz, paroleiro ANTÓNIMOS calado, taciturno
E de faldoiro di que faladoiro substantivo masculino1 Reunión de persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade. Nos faladoiros políticos coméntase que vai haber unha remodelación do Goberno.
Fala e falar é latina, non celta. Entón que ten de celta? Pois faladeiro-faladeira está decindo fala-fala, (fala moito) unha vez en latín e outra en celta, deir. Probablemente a orixe da palabra estea en deir-deir (fala-fala en celta galega) convertido e máis intelixible para os celtas latinizados en fala-deir, faladeiro, faladeira ou faladoiro coma unha variante cun significado próximo.
Como é lóxico só aparecen na toponimia o faladoiro, un lugar no que se fala, pero precisamente en feminino (as mulleres falan máis?):
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Faladoira | CASTROVERDE | Montecubeiro (San Cibrao) |
A Faladoira | CASTROVERDE | Moreira (Santa María) |
A Faladoira | CORGO (O) | Marei (Santa María) |
A Faladoira | CORGO (O) | Pedrafita (San Miguel) |
A Faladoira | COSPEITO | Goá (San Xurxo) |
A Faladoira | MONTEDERRAMO | San Cosme de Montederramo (San Cosme) |
A Faladoira | PONTENOVA (A) | Bogo (San Pedro) |
A Faladoira | SARRIA | Barbadelo (Santiago) |
A Faladoira | SARRIA | Goián (San Miguel) |
As Faladoiras | CASTRO CALDELAS | Camba (San Xoán) |
As Faladoiras | CASTRO CALDELAS | Trabazos (Santa Olaia) |
As Faladoiras | SARRIA | Calvor (Santo Estevo) |
Faladoira | COSPEITO | Goá (San Xurxo) |
Faladoira | PONTENOVA (A) | Bogo (San Pedro) |
O Prado do Faladoiro | SARRIA | Vilar (Santa María) |
Ponte Da Faladoira | COSPEITO | Goá (San Xurxo) |
Prados da Faladoira | PONTENOVA (A) | Bogo (San Pedro) |
Rego da Faladoira | PONTENOVA (A) | Bogo (San Pedro) |
En Andrade non se dicía faladeiro (que parece significar que se pode falar) senón falangueiro. Así o dicía miña nai.
Como xa vimos outras veces gueir vén do celta. Onde hai moitas cousas iguais próximas, persoas, neste caso, os que falan e falan moito.
- Log in to post comments