Landeira e un pouco de Landeiro

Submitted by admin on Sat, 12/31/2022 - 11:41

Se faladeiro significa que fala moito, di a RAG, unha palabra híbrida de dúas linguas; sería posible que se conservase a palabra celta máis canónica? Cal sería? pois algo así como deir lan ou lan deir-moito fala. A que existe na toponimia é Landeira e, en menor grao Landeiro coma podemos ver (76 en total):

Landeir
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Agra de Landeiras SARRIA Goián (San Miguel)
A Braña de Landeira BRIÓN Brión (San Fins)
A Burata Landeira SANTIAGO DE COMPOSTELA Villestro (Santa María)
A Camposa de Landeira CABANAS Santa Cruz do Salto (Santa Cruz)
A Carballeira de Landeiro LAMA (A) A Lama (San Salvador)
A Casa da Landeira SAN SADURNIÑO Ferreira (San Paio)
A Chousa de Landeira da Armada LARACHA (A) Soandres (San Pedro)
A Chousa de Landeiro VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
A Fonte Landeira PEDRAFITA DO CEBREIRO O Cebreiro (Santa María)
A Landeira ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
A Landeira CERDIDO Cerdido (San Martiño)
A Landeira CORISTANCO A Agualada (San Lourenzo)
A Landeira CORISTANCO Cereo (Santa María)
A Landeira CORISTANCO Couso (San Miguel)
A Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
A Landeira MUÍÑOS Muíños (San Pedro)
A Landeira PONTECESO Pazos (San Salvador)
A Landeira PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
A Landeira RIOTORTO Santa Marta de Meilán (Santa Marta)
A Landeira TABOADA Vilar de Cabalos (Santa Eulalia)
A Landeira de Abaixo SAN SADURNIÑO Ferreira (San Paio)
A Landeira de Arriba SAN SADURNIÑO Ferreira (San Paio)
A Landeira de Daniel CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
A Landeira de Eirís ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
A Landeira do Río ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
A Landeira Pequena ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
A Rega da Landeira SAN SADURNIÑO Ferreira (San Paio)
A Rega da Landeira TABOADA Bembibre (San Pedro)
A Tringalandeira CERDEDO Castro (Santa Baia)
Agra da Landeira PONTECESO Pazos (San Salvador)
As Landeiras ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
As Landeiras ARZÚA Burres (San Vicenzo)
As Landeiras CORISTANCO Ferreira (Santa María)
As Landeiras MUÍÑOS Porqueirós (Santo André)
As Landeiras PÁRAMO (O) Gondrame (Santa María)
Camiño da Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
Camiño de Landeira CORISTANCO San Xusto (San Xián)
Camiño de Landeiro FOZ San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
Fonte da Landeira CORISTANCO A Agualada (San Lourenzo)
Landeira BALEIRA Martín (Santiago)
Landeira CORISTANCO San Xusto (San Xián)
Landeira LOURENZÁ Lourenzá (Santa María)
Landeira NEGREIRA Landeira (Santo Estevo)
Landeira PONTECESO Xornes (San Xoán)
Landeiras BOIRO Bealo (San Pedro)
Landeiras LOUSAME Tállara (San Pedro)
Landeiras PANTÓN Castillón (Santiago)
Landeiras PÁRAMO (O) A Torre (San Martiño)
Landeiras SAN SADURNIÑO Naraío (Santa María)
Landeiro AMES Piñeiro (San Mamede)
Landeiro de Abaixo VAL DO DUBRA Vilariño (San Pedro)
Landeiro de Arriba VAL DO DUBRA Vilariño (San Pedro)
Monte das Landeiras PONTECESO Pazos (San Salvador)
Montes de Landeiro FOZ San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
Muíño da Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
Muíño da Landeira PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
O Agro da Landeira PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
O Agro de Landeiro VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
O Agro do Landeiro VAL DO DUBRA San Román (Santa Mariña)
O Campo de Landeiro VAL DO DUBRA Rial (San Vicente)
O Gulandeiro CELANOVA Freixo (Santa Cristina)
O Landeiro SANTIAGO DE COMPOSTELA A Peregrina (Santa María)
O Landeiro SANTIAGO DE COMPOSTELA Marantes (San Vicente)
O Landeiro SANTIAGO DE COMPOSTELA Nemenzo (Santa Cristina)
O Monte da Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
O Monte da Landeira PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
O Pontellón de Landeiras LOUSAME Tállara (San Pedro)
O Prado da Landeira PONTECESO Tella (Santo Eleuterio)
O Prado de Landeira RIBEIRA Carreira (San Paio)
Os Landeiros VAL DO DUBRA San Román (Santa Mariña)
Os Muíños de Landeiras LOUSAME Tállara (San Pedro)
Os Pazos de Landeira VAL DO DUBRA Coucieiro (San Martiño)
Os Prados da Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
Pinal de Landeira RIBEIRA Ribeira (Santa Uxía)
Ponte da Landeira CORISTANCO Santa Baia de Castro (Santa Baia)
Prados da Landeira PONTECESO Xornes (San Xoán)

Finalmente, a existencia de dous xéneros para unha palabra que vén dun verbo, é un sinal inequívoco de orixe celta. Non se sabe que está dicindo e atribúese un ou outro xénero de forma aleatoria, pero se se relembran algo do significado orixinal optarán polo feminino: as mulleres teñen máis fama de falar máis. Polo que hai máis Landeiras.

En canto ao significado e utilidade na toponimia, posiblemente os lugares Lan-deir servan como punto de encontro habituais, como centros sociais para intercambiar chismes, contos, noticias, inventos, amores,... os bares ou cafeterías daqueles tempos. Se é así é sinónimo de faladoiro.