So o coñezo en Laracha (as éguas). Visiteino para novacarta.eu en
Igrexa de Santa Mariña de Lemaio onde podedes ver a teoría latina de Lemaio (a que supón que en Galicia os homes e mulleres só saben falar desde que chegaron os romanos) e en Pazo de Lemaio
Pero a min, polo menos, interésame saber se Lemaio é traducible, de forma coherente co lugar, desde o celta. Vexamos le-maig>le -mai>lemaio desde logo sen o retorcemento das palabras da versión latina.
le1, prep. (Pron. forms:liom, leat, leis m, léi f, linn, libh, leo)(Prefixes h to vowel, becomes leis before article. S.a. an1. Combines (i) with possessive adjectives a, ár to form lena, lenár, (ii) with relative particles a, ar to form lena, lenar) With; to, for; by, against. Con
maig, f. (gs. ~e1, pl. ~eanna).Cock, slant, tilt. Inclinación
Así que en Lemaio avísanche de que nunha zona relativamente chaira hai unha inesperada inclinación. Seguramente máis dun carro quedou atorado alí.
A inclinación vese na primeira foto de novacarta. Ainda que vén desde a praia. A versión "latina" de que vén de lama, a través de lim... implicaría que ese topónimo existiría nos milleiros e milleiros de lugares lamaguentos de Galicia, pero só aparece aquí, neste único lugar.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Cemiterio de Lemaio | LARACHA (A) | Lemaio (Santa Mariña) |
Cruceiro Novo de Lemaio | LARACHA (A) | Lemaio (Santa Mariña) |
Cruceiro Vello de Lemaio | LARACHA (A) | Lemaio (Santa Mariña) |
Estrada de Lemaio | LARACHA (A) | Lemaio (Santa Mariña) |
- Log in to post comments