Trabada

Submitted by admin on Sat, 06/02/2018 - 00:16

A explicación da orixe de Trabada na wikipedia galega:

O topónimo Trabada ten orixe no latín Tabulata. Así aparece mencionada nun documento do século VIII (o máis antigo conservado na península Ibérica, datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da Catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano. Así, fundouse o mosteiro de San Martiño de Esperautano, do cal non quedan vestixios.

Entrada_en_Trabada,_Galicia,_dende_Asturias_pola_N640.jpg
Algo que contradí Tabulata>Trabada. Hai un río chamado Trabada

Quizais se o nome fose Taboada sería máis doado crer que Tabulata>Taboada. Pero chámase Trabada. Onde hai un río con ese mesmo nome.

Suponse que o río dá orixe ao concello ou é o concello o que dá orixe ao nome do río?

Ben, en celta, Trabada tradúcese por eran dúas praias (lembrades Da Chich na morriña). Nos ríos iso é algo común, que haxa dúas praias enfrontadas. Os ríos cambian frecuentemente de forma co paso do tempo, así que "eran" ten sentido. A conclusión é vosa.