bia [beeu] food
Dun diccionario inglés-irlandés e irlandés-inglés. Bia é comida, alimentos.
Así que nabia é da comida ou dos alimentos.
O topónimo Navia pode referirse a:
- Navia de Suarna, concello da provincia de Lugo;
- Navia, parroquia do concello de Vigo;
- Navia, concello de Asturias, parcialmente galegofalante;
- Río Navia, no occidente de Asturias.
Véxase tamén
Outros artigos
Nesta última entrada da wikipedia galega dise que
Navia ou Nabia é unha das deidades galaicas máis testemuñadas, cunha vintena de epígrafes documentando o seu culto nunha área que inclúe a galaicos e lusitanos.
Historia e características
Nabia era a deusa dos ríos e da auga na mitoloxía galaica e lusitana. O ríos Navia e Navea en Galiza, e o río Neiva, preto de Braga (antiga capital da Gallaecia), foron bautizados na súa homenaxe. Navia era especialmente adorada entre os brácaros, tal como é comprobado polas inscricións epigráficas en lingua céltica da Fonte do Ídolo en Braga (Bracara Augusta) e latina de Marecos (Penafiel).
Aínda que a interpretación maioritaria defende un carácter fluvial/acuático para Navia, apoiaría esta interpretación a existencia de hidrónimos modernos como Navia, Navea, ou os antigos Nabalia (Eck, afluente do Rhin), Navaeus (río Naver, en Escocia), Navesbia (actual río Naseby, en Northants) ou Nabarcos (río Neber, en Gran Bretaña). Autores como García-Albalat explicaron o atadallo de Nabia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento característico do acceso ao máis aló: desde esta perspectiva, Nabia sería unha divindade soberana facilitadora do acceso ao alén a través da auga. Con todo, interpretacións recentes permiten redefinir a perspectiva tradicional dunha mera divindade fluvial.
Realmente un ou unha falante celta non estaría oíndo nada dos ríos ao escoitar Nabia senón estaría escoitando dos alimentos. Unha especie de deusa Ceres a quen lle pedir boa colleita. Naturalmente as augas e os ríos facilitan a boa colleita, pero non son o obxectivo, o obxectivo fundamental era comer, subsistir, sobrevivir.
- Log in to post comments