Hai moitos, tantos coma 70:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Chan do Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
A Chan do Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Traspielas (Santa María) |
A Rega do Gorgullón | CANGAS | Darbo (Santa María) |
A Rega do Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Traspielas (Santa María) |
Camiño do Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
Camiño do Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Calvos (Santo Adrián) |
Camiño do Gorgullón | PONTECESURES | Pontecesures (San Xulián) |
Carreira da Fonte do Gorgullón | MONTEDERRAMO | Os Abeledos (San Vicente) |
Fonte do Gorgullón | CAMPO LAMEIRO | Fragas (Santa Mariña) |
Fonte do Gorgullón | MONTEDERRAMO | Os Abeledos (San Vicente) |
Fonte do Gorgullón | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
Fonte dos Gorgullóns | FORNELOS DE MONTES | Ventín (San Miguel) |
Fontelas do Gorgullón | LOBIOS | Lobios (San Miguel) |
Gorgullón | CALDAS DE REIS | Saiar (Santo Estevo) |
Gorgullón | PONTECESURES | Pontecesures (San Xulián) |
Gorgullón, O | CALDAS DE REIS | Carracedo (Santa Mariña) |
Gorgullón, O | MONTEDERRAMO | Abeledos, Os (San Vicente) |
Nacedouro do Gorgullón | CANGAS | Darbo (Santa María) |
Nacedouro do Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Alto do Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Coto dos Gorgullóns | CAMPO LAMEIRO | Montes (San Isidro) |
O Gorgullón | BANDE | Güín (Santiago) |
O Gorgullón | BOQUEIXÓN | Codeso (Santaia) |
O Gorgullón | BOQUEIXÓN | Pousada (San Lourenzo) |
O Gorgullón | CALDAS DE REIS | Carracedo (Santa Mariña) |
O Gorgullón | CAMPO LAMEIRO | Moimenta (Santa María) |
O Gorgullón | CAMPO LAMEIRO | O Couso (San Cristovo) |
O Gorgullón | CANGAS | Aldán (San Cibrán) |
O Gorgullón | CANGAS | Darbo (Santa María) |
O Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Gorgullón | CERDEDO | Folgoso (Santa María) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | A Laxe (San Xosé) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | As Estacas (Santa María) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Calvos (Santo Adrián) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Fornelos de Montes (San Lourenzo) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Traspielas (Santa María) |
O Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Ventín (San Miguel) |
O Gorgullón | LAMA (A) | A Lama (San Salvador) |
O Gorgullón | LAMA (A) | Antas (Santiago) |
O Gorgullón | LOBIOS | Lobios (San Miguel) |
O Gorgullón | MONTEDERRAMO | Os Abeledos (San Vicente) |
O Gorgullón | MUÍÑOS | Prado de Limia (San Salvador) |
O Gorgullón | PINO (O) | Castrofeito (Santa María) |
O Gorgullón | PORTOMARÍN | Vilarbasín (San Pedro) |
O Gorgullón | RIÓS | O Navallo (San Vicente) |
O Gorgullón | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
O Gorgullón | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Marrozos (Santa María) |
O Gorgullón | TABOADA | Esperante (Santiago) |
O Gorgullón | TEO | Cacheiras (San Simón de Ons) |
O Gorgullón | TEO | Luou (Santa María) |
O Gorgullón | TEO | Reis (San Cristovo) |
O Gorgullón | VAL DO DUBRA | Portomeiro (San Cosme) |
O Gorgullón da Fonte | FORNELOS DE MONTES | Fornelos de Montes (San Lourenzo) |
O Gorgullón da Mareliña | BUEU | Beluso (Santa María) |
O Gorgullón da Portela da Pía | FORNELOS DE MONTES | Calvos (Santo Adrián) |
O Gorgullón de Barreiros | CANGAS | Aldán (San Cibrán) |
O Gorgullón de Bon de Arriba | BUEU | Beluso (Santa María) |
O Gorgullón de Forqueiros | BUEU | Beluso (Santa María) |
O Gorgullón de Riba | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Gorgullón de Rufina | FORNELOS DE MONTES | Calvos (Santo Adrián) |
O Gorgullón de San Martiño | CANGAS | Aldán (San Cibrán) |
O Gorgullón do Meán | FORNELOS DE MONTES | Calvos (Santo Adrián) |
O Monte do Gorgullón | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Monte do Gorgullón | FORNELOS DE MONTES | Oitavén (San Vicente) |
Os Gorgullóns | FORNELOS DE MONTES | Fornelos de Montes (San Lourenzo) |
Os Gorgullóns | FORNELOS DE MONTES | Ventín (San Miguel) |
Os Gorgullóns | TEO | Calo (San Xoán) |
Os Lameiros do Gorgullón | MONTEDERRAMO | Os Abeledos (San Vicente) |
Poza do Gorgullón | RIÓS | O Navallo (San Vicente) |
Regueiro de Gorgullón | CALDAS DE REIS | Saiar (Santo Estevo) |
Como moitas outras veces, esta é unha palabra orfa na toponimia e no galego. Que vos di a fonte do, a poza do, o regueiro d0, a rega do e o nacedouro do?
Que alí hai un lugar onde burbullea a auga ao nacer unha fonte, unha poza, un regueiro... Dito así perfecto, porque burbulla semella latín e iso é moi fino.
De feito no dicionario da RAG se buscas gorgullón ese termo non existe, claro, pero o máis fino aínda é cando buscas gorgullar ponche gorgullar en tachado e Forma correcta: gurgullar, sendo esta palabra gurgullar: Para todas as acepcións SINÓNIMO burbullar verbo intransitivo1 [Líquido] facer burbullas. A auga ao ferver gurgulla.2 [Auga] nacer da terra facendo gurgullas. Ao pouco de comezar a cavar xa se vía gurgullar a auga.
Así para o ínclito escolledor das palabras escolle gurgullas porque se parece ao latino burbullas. Pode pensar que é unha onomatopeia do ruído da auga ao brotar. Pero gorgullón é celta. Ten o llón característico de fonte de auga e no dicionario irlandés non existe gorgu pero si gargú
gargaigh, v.t. (vn. -rgú m, gs. -ithe).(Of drink, etc.) Make harsh, bitter; (of anger, heat, etc.) exacerbate, intensify; (of wound, sore etc.) make raw, irritate; (of surface) roughen. (Var:vn. gargaint f) Se quedamos con exacerbar, intensificar, gorgullón está dicindo lugar onde se intensifica o nacemento da fonte de auga. Onde nace o llón. E visto o visto, recomendaría escribir o incorrecto gorgullar en vez do ficticio gurgullar. Dirédesme why? Por isto
Hai a terceira parte de gurgu que de gorgu na toponimia, exactamente 32 por un total de 102 "gorgu" xa que estos inclúen gorgulo, gorguillós, gorguiña- este supón que llón significa grande, etc
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Costa do Gurgusiño | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
A Gurguina | RAMIRÁS | Paizás (San Salvador) |
A Gurgulla | MERCA (A) | Pereira de Montes (Santa María) |
A Gurgulla | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
A Gurgulla | VIMIANZO | Salto (Santa María) |
A Gurgulleira | CORISTANCO | Ferreira (Santa María) |
A Poza do Gurgullón | VEDRA | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) |
Camiño da Gurgulla | VIMIANZO | Salto (Santa María) |
Camiño da Gurgulleira | CORISTANCO | Ferreira (Santa María) |
Enriba do Gurgullo | VIMIANZO | Treos (San Miguel) |
Fonte do Gurgullón | CALDAS DE REIS | Santo André de Cesar (Santo André) |
Fonte Gurgulla | VIMIANZO | Salto (Santa María) |
Fonte Gurgullón | TOÉN | Mugares (Santa María) |
Gurgueira | POL | Milleirós (Santiago) |
Gurgueiro | AGOLADA | Gurgueiro (San Miguel) |
Gurguillón, O | SALVATERRA DE MIÑO | Corzáns (San Miguel) |
Gurgullón, O | CAÑIZA, A | Valeixe (Santa Cristina) |
O Campo do Gurgullo | RIOTORTO | Santa Marta de Meilán (Santa Marta) |
O Gurgullo | VIMIANZO | Treos (San Miguel) |
O Gurgullón | BRIÓN | Bastavales (San Xulián) |
O Gurgullón | CALDAS DE REIS | Santo André de Cesar (Santo André) |
O Gurgullón | CATOIRA | Abalo (San Mamede) |
O Gurgullón | SAN AMARO | Navío (San Fiz) |
O Gurgullón | VEDRA | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) |
O Gurgullón | VEDRA | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) |
O Gurgullón | VEDRA | Vedra (Santa Eulalia) |
O Gurgusiño | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
Os Gurgulliños | VIGO | Valadares (Santo André) |
Os Gurgullos | MELIDE | Vitiriz (San Vicente) |
Os Gurgullos | TOURO | San Fiz de Quión (San Fiz) |
Pista da Gurgulla | MERCA (A) | Pereira de Montes (Santa María) |
Rego de Gurgueira | POL | Milleirós (Santiago) |
Por certo hai unha soa burbu na toponimia. Non hai nada que burbullar. Non é unha clara españolización-latinización da lingua galega por uns supostos "independentes" galegos? Quizais odio ao que descoñecen?
- Log in to post comments