Garañón

Submitted by admin on Fri, 03/17/2023 - 12:06

Non hai ningún no listado de toponimia. Na RAG din garañón substantivo masculino Cabalo ou asno semental. Mercaron un excelente garañón na feira de Silleda. Na Galipedia aparece con ese significado e no caso Garañón:

Tamén levou a causa denominada "do Garañón" sobre presunta corrupción urbanística en Lugo na que chegou a imputar ao, daquela, alcalde, Xosé Clemente López Orozco e ao concelleiro de urbanismo, Xosé Ramón Gómez Besteiro. O caso, finalmente, foi arquivado.

As Torres do Garañón, ao lado do parque de Lugo, deforman o skyline de Lugo visto dende o outro lado do Río Miño. Había alí un cabalo? Parece pouco probable que un so cabalo dise lugar a un topónimo.

A zona de Lugo, o concello de Lugo, abundan os topónimos Gara: Garabolos, Garaballa, Garaloces, Garañón, sempre traducidos en celtia por preto, próximo a.

Neste caso pretos ao... a nión, convertido co tempo en añón. Gara-añón próximo ao freixo. Como xa vimos noutras veces o nión, o freixo era unha árbore sagrada celta e un gran freixo nese lugar sería visible desde o outro lado do Miño e máis por riba. Sería unha vista remarcable e remarcada nun topónimo, Garañón.