Corbal e Corbalán

Submitted by admin on Sun, 04/09/2023 - 09:52

Teño que contar algunha historia previa que describa a orfandade do celtismo en Galicia. Estiven estes días en Celanova e visitei a Capela de San Miguel, nunha visita guiada e a guía contounos que non podía falar de celtismo ou de celtas porque todos os arqueólogos galegos o prohibían, que dician que había que falar exclusivamente de castrexos (como xa sabemos, os que viven nos curbíns, que en celta era como chamaban ás súas construcións habitaciónais:

cur-asentamento

binn- no pico, do que un dos maiores exemplos é o de Castro de Castromao ver novacarta.eu e como domina os 360 graos da contorna)

Así que os galegos, moi obedientes, fan desaparecer toda a súa cultura celta que irradiaba por media España. Non existe porque o din os arqueólogos.

Como xa contara noutos lugares (Os labirintos galegos; por exemplo) hai quen conta a reunión dos xefes ideolóxicos falanxistas das Facultades de Xeografía-Historia en Madrid no principio dos anos 40, e decidiron que os celtas nunca existiron en España-porque entón ensalzariase a Galicia ou a Asturias, e que o único do que se podía falar en España era de celtíberos, primeiro por ser do centro, da meseta, e por reunir as dúas xentes principais de España, aos celtas e aos íberos "unidos". Tal orde foi obedecida a "piés juntillas" por todos os historiadores e xeógrafos da Facultade de Xeografía e Historia galegos. A maioría  non cre que existiran celtas en Galicia, só saben que facían castros. Aos lingüistas pásalles outro tanto, produto da educación do seminario, ao máis que chegan a albiscar é ao latín, todo é latín, Galicia existe realmente desde que os romanos ensináronnos a falar e a vivir. Todo o demáis é un baleiro ignoto.

Así os nacional-sindicalistas ou nacional-imperialistas triunfaron ata impoñer -incluso ata no Bloque- as súas teorías falanxistas e nacional-imperialistas. Non existiron os celtas, en versión suavizada, non sabemos se os celtas existiron.

Nesa reunión coa guía alporiceime algo e falei de como en todas as linguas celtas eo é salmón e o río eo é un río salmoneiro, ulla é mazás, e anllóns, coma nalón fala de fonte de auga. Un mesetario da visita o corrobora, di que en alemán tamén se di salmón coma eo. Non entendín de que falaba pois salmón, en alemán, é Lachs, non eo. Pero si entendín a intención, dicir que é calquera cousa menos celta. Pode ser ata alemán, con tal de non ser celtas, porque celta é unha "raza" de non todos os españois e alemáns os hai desperdigados por toda España, unha "rara avis" que si se sabe das que houbo uns poucos casos cos visigodos, suevos, vándalos e ata se queres dos alemans das Alpujarras, que substituíron aos árabes rebeldes da zona.

A guía dixo que non podía inclinarse nin polos arqueólogos, nin polos celtistas...

Eu tamén lles contei cal era o significado dos modillóns da capela de San Miguel Capela de San Miguel, que describen o transcurso do ano, alternando día e noite, cun símbolo, espiral significando o sol, o día, e a flor de seis brazos significando a noite. É curioso porque a guía seguía o artigo do arqueólogo da Coruña que ten un longo artigo sobre o tema sobre as hexapétalas e, ao final, sentencia que é un símbolo astral, o cal é certo se so se referise as estrelas, pero no seu artigo non queda claro que non sexa un Sol. Ben, eu trateino, hai xa bastantes anos na revista Labirinto de Igaciencia sobre Arte e Ciencia I, e opino que un símbolo é solar e outro é lunar, Día e noite, ten por nome o capítulo. Nel vese como esa parella de símbolos se unen na cultura de toda España, non so na galega, describindo o día e a noite, ou se queredes, a vida e a morte, pois para os exipcios o sol morría todos os días. Por iso as estelas funerarias romanas usan os dous símbolos, (como as de Vigo), vida e morte, día e noite.

Ben, postas así as cousas, imos falar de Corbal (da que ninguén sabe ningún topónimo, nin nas wikipedias, nin no listado) pero si sabemos que é un apelido

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=34954 ou

Cesáreo Corbal

Benito Corbal

Andrés Corbal Hernández

Pois estes tres Corbal de apelido, seguramente dun lugar de topónimo perdido que significa Cor-lugar Bal-camiño de monte, camiño empinado.

E para demostrar que os celtas si estiveron non so en Galicia, senón en toda España, Corbalán é un concello de Teruel, e tamén apelido, claro, cun posible significado celta de cor-lugar, ba-era, lán, moito.

En realidade Corbalán está dicindo o que quere dicir, doutro xeito, Teruel existe, Teruel era algo importante, Teruel era mozárabe, Teruel estaba habitado, pero se está deshabitando, perdendo xente.

Corbalán, era un lugar floreciente, estaba moi habitado, onde se vivía ben...