Realmente, non hai moitas. Segundo a Galipedia 4:
O topónimo galego Miraz pode referirse a:
- Miraz, parroquia do concello de Friol;
- Miraz, parroquia do concello de Xermade;
- Miraz de Abaixo, lugar da parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel;
- Miraz de Arriba, lugar da parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel.
Segundo o listado de toponimia
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Leira de Mirazo | ROIS | Seira (San Lourenzo) |
Miraz de Abaixo | FOLGOSO DO COUREL | Meiraos (Santa María) |
Miraz de Arriba | FOLGOSO DO COUREL | Meiraos (Santa María) |
O Porto de Mirazo | BRIÓN | Bastavales (San Xulián) |
se buscamos miras temos
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Mirasol | RIBADEO | Ribadeo (Santa María) |
Muíños de Trasmiras | CELANOVA | Acevedo do Río (San Xurxo) |
O Campo do Miraso | SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Eixo (San Cristovo) |
Os Soutos de Trasmiras | CELANOVA | Acevedo do Río (San Xurxo) |
Portorramiras | TOÉN | Xestosa (Santa María) |
Ramiras | CASTRELO DE MIÑO | Macendo (Santa María) |
Trasmiras | CELANOVA | Acevedo do Río (San Xurxo) |
Trasmiras | TRASMIRAS | Trasmiras (San Xoán) |
Na wikipedia Mirás
O topónimo galego Mirás pode referirse a:
- Mirás, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis;
- Mirás, lugar da parroquia de Outes, no concello de Outes.
Amais, como apelido pode referirse a:
- Manuel Mirás Franqueira, empresario e político galego (n. 1956).
No listado
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Costa de Xamirás | CELANOVA | Acevedo do Río (San Xurxo) |
As Longas de Mirás | AMES | Biduído (Santa María) |
Entre Mirás | ARANGA | Aranga (San Paio) |
Mirás | CAMBRE | Bribes (San Cibrán) |
Mirás | CURTIS | Fisteus (Santa María) |
Mirás | OUTES | Outes (San Pedro) |
Mirás de Baixo | AMES | Bugallido (San Pedro) |
Mosteiro de San Pedro de Ramirás | RAMIRÁS | Mosteiro (San Pedro) |
Muíño de Mirás | ARANGA | Aranga (San Paio) |
O Chouso de Mirás | PINO (O) | Cerceda (San Miguel) |
Ramirás | CELANOVA | Alcázar de Milmanda (Santa María) |
Ramirás | RAMIRÁS | Freás de Eiras (Santa María) |
Ramirás | VEREA | Cexo (Santo Adrao) |
Xamirás | CELANOVA | Acevedo do Río (San Xurxo) |
Porque xuntamos na mesma entrada Miraz, Miras e Mirás? Porque o z, levamos repetindo sempre en Celtia.org, é unha trascrición españolista do s celta. En celta non hai z, vaia. Nalgúns sitios pon Miraz cando orixinalmente era Mirás. Así que significan os tres nomes?
mí-4, pref. Bad, ill, evil, dis-, mis-, un- mala, enferma, diabólica, torta,...
rás1, m. (gs. ~a, pl. ~aí). Race. Raza
Os veciños non querían moito aos habitantes de Mirás, Miras ou Miraz. Está claro. Chamábanlle mala raza, raza enferma... Pensándoo un pouco en positivo, pode ser que se referisen aos animais da zona, e non as persoas.
Tras-miras está claro, e Xamirás simplemente di Sa-Mi-Rás, en ou entre mala raza.
- Log in to post comments