Gondollín é unha parroquia de Melide. Ver en novacarta.eu, Igrexa de San Martiño de Gondollín
O misterio de Gon, Gondo e Gondomar entre moitas outras palabras toponímicas galegas con Gon, Gondo ou composto delas está solucionado pola Galipedia dunha vez por todas, centrándose nun único Gondomar (a Galipedia non considera que existe en Galicia máis ca parroquia e o concello de Gondomar), polo tanto nun único Gondo interesante, e poucas palabras máis con Gon, en lugares que non se relacionan entre sí.
Toponimia
O topónimo Gondomar é unha evolución do antigo Gundemari, xenitivo relacionado co nome persoal de orixe xermánico Gundemarus ou Gundemaro.[10][11] Sustenta esta tese de xeito indirecto a Carta de demarcación do couto de Vilaza (1106), que menciona o lugar de Sancto Salvatorem de Gandari situado nas proximidades da actual vila de Gondomar. Pode interpretarse Gandari como un erro do copista ou escribán, en lugar de Gondomari ou Gundemari.[11]
Para Prudencio de Sandoval o topónimo débese á fundación dalgún tipo de poboamento neste concello por parte do rei visigodo Flavio Gundemaro no século VII.[12] Hipótese vixente para varios investigadores[10][13] máis posta en dúbida por Gonzalo Navaza, quen concorda coa orixe do nome nun xenitivo de Gundemaro ou Gondemarus, mais sinala que non existe documentación que permita unha asociación definitiva co monarca suevo. Inda que afirma que será no século VII cando o nome Gundemaro ou Gundemarus se rexistre por primeira vez na Península Ibérica, matiza que entre os séculos IX e XI tamén tivo lugar un rexurdir ou moda de nomes xermánicos vinculados ao antigo reino visigodo de Toledo. O que si está claro para Navaza é que o actual topónimo Gondomar ten orixe nun antigo señor ou propietario chamado Gundemaro que puido ter vivido no século VII.[11]
É dicir, baséanse nunha falsificación da realidade: escribir Gandari é un erro do copista, o que escribiu non é real. Se buscades xenitivo nas entradas de celtia veredes como é a falsificación do xenitivo: hai xenitivos patronímicos, do dono, e hai xenitivos de nacemento, e hai xenitivos de pertenza a lugares máis amplos, como debe ser o caso. Podemos dicir a casa de Fulanito coma Fulaniti, pero podemos dicir nado no Lugar, coma Lugari e podemos dicir nado na zona ampla (non sabemos exactamente onde) de Gandari, exactamente das Gándaras, di o copista, que evidentemente, non se equivoca, como pretende a Galipedia.
Segunda terxiverxación da Galipedia: fai desaparecer todos os Gondomar galegos, só deixa en homónimos de Gondomar ao Concello e a parroquia de Gondomar e tres máis de Gondomar portugueses.
- Gondomar, cidade do distrito de Porto;
- Gondomar, freguesía do concello de Guimarães;
- Gondomar, freguesía do concello de Vila Verde.
Pero, para confundir un pouco máis, inclúe Gondar entre os Gondomar (?).
Pero non é certo, so no listado, moi parcial, da toponimia que eu teño,
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Lovada de Gondomar | GONDOMAR | Vilaza (Santa María) |
Gondomar | GONDOMAR | Gondomar (San Bieito) |
Gondomar | PALAS DE REI | Carteire (Santa María) |
Gondomar | QUINTELA DE LEIRADO | Redemuíños (San Salvador) |
Gondomar | ROIS | Buxán (San Xoán) |
Gondomar de Abaixo | ESTRADA, A | San Xiao de Vea (San Xiao) |
Gondomar de Arriba | ESTRADA, A | San Xiao de Vea (San Xiao) |
Pazo de Gondomar | GONDOMAR | Gondomar (San Bieito) |
Viñas de Gondomar | CATOIRA | Oeste (Santa Baia) |
Temos 6 topónimos Gondomar máis fóra do Concello en lugares tan distantes coma Rois, Palas de Rei, Quintela de Leirado, Catoira ou A Estrada.
Houbo tantos Gundemaros? Todos terxiversaron o nome da mesma forma? Así que estamos dentro da falacia toponímica Vicus (o xeneral romano que dá nome a Vigo e a cincuenta lugares máis de Galicia, pero ninguén sabe del) ou ben na falacia Witirico un suevo que dá nome a Guitiriz (e a unha ducia de leiras máis por Galicia adiante, pero ninguén sabe del) ou da falacia Gundemaro (un rei visigodo ou unha moda de nome no século XI, que dá nome a Gondomar e, ao menos, a seis lugares máis de Galicia, pero non hai ningunha referencia escrita a tal Gundemaro galego). Ou a falacia Bascuas, que contaremos noutro día. E Guimaráns... por non citar a falacia riz que di que os milleiros (1250) de nomes toponímicos galegos riz son de nobres suevos con nomes que nin siquera existen en alemán.
E o que escribo eu ten referencias escritas en Galicia? Si. A palabra Gon, que estudaremos agora, nada máis aparece-en nada máis e nada menos que- 416 topónimos do meu listado (incluído algún González, é certo).
A palabra Gondo aparece en, polo menos, trinta topónimos por toda Galicia, son topónimos raros, non latinos, incluso de difícil adscrición celta, quizais algo moi galego, moi propio, pero que designan algo que existe e é posible contemplar en toda Galicia. Non son algo que se presume, poida ser ca, quizais... están escritos a ferro quente en toda Galicia. So queremos saber que é.
Incluso fóra, Gondo é unha cidade e unha localidade en Suíza, preto da fronteira con Italia. A lingua maioritaria en Gondo é o alemán, aínda que a poboación é en parte de ascendencia italiana.
Así que explicaremos a historia de Gon en celtia.org, en celta irlandés antigo e unha posible primeira tradución etimolóxica de Gondo.
Xa contei que na primeira fase de celtia usaba un dicionario irlandés feito con intelixencia artificial por machine learning sobre milleiros de textos irlandeses, pero con inglés e latín mesturado. Ata que aprendín a non considerar totalmente fiable a súa tradución. A partir dese momento, so considerei totalmente fiable unha tradución se estaba avalada por un bo dicionario celta, irlandés, de Old Irish, Middle Irish, Protocéltico, indoeuropeo, protoindouropeo, e unha fonte escrita previa. E escribo esa fonte como validación.
Así das primeiras palabras que busquei na IA foi Gon=bo, pero por moito que o busquei noutros dicionarios nin siquera aparecía gon. E gondo era curvado, sen confirmación en ningún outro dicionario. O peor non era isto. Dado que o dicionario aprendía da xente resultaba que dez bromistas que afirmasen que gon viña de Gondor, daba por resultado que afirmaba que gon era natural de Gondor. Un desastre. O que ten de nesgo a IA: non sabes cal é a orixe da dedución que fai a máquina.
Estes días retomei gon e si aparece no dicionario etimolóxico gaélico de MacBain
gon, wound, bewitch, Ir. gonadh, wounding, E. Ir. gonim : *gono, I wound, Ferida, Feiticeira
E no protocéltico de Leyden *gWan-o- 'strike, kill' Golpear, matar
[Vb] GOlD: Olr. gonaid, -goin; gonaid, -gona [Subj.]; gignid, gignea [Fut.]; geguin [Pret.]; getae, -get [Part. Pass.] W: MW gwan 'hit, injure'; gwant [Pret.] (GPC gwanu, gwan)
BRET: MBret. goanaff, MoBret. gwanan 'punish'
CO: Co. ~ana 'pierce'
PIE: *gWen- 'strike, slay' (IEW: 491-493) COGN: Hitt. kue(n)zi, Skt. han-, Gr. theino, Lat. de-fendo 'defend', Lith. ginti 'defend, protect', OCS gbnati 'chase'
Ben, o cal non quere dicir que as solucións acaídas de gon=bo explicadas en celtia non sexan certas. Ten certas posibilidades, mentres golpear, matar no caso de gondar, por xemplo, non parece axeitado traducilo como sensación de morte, non é moi informativo nin propagándistico. Boas sensacións si o é.
Agora chegamos a Gondo. A terminación do traducímolo como imposible en celtia. Así que imos por etimoloxía a que gondo significa "matar imposible"
- Log in to post comments