Realmente o día en que souben que Gondo podía ser serpe foi cando visitei, non a Pedra da Serpe, en Gondomil, (En Ponteceso o 27-08-2017) Senón cando fun a a aldea de Gondomil (e non vin nada salientable que poñer en novacarta.eu) O día 14-04-2021 pasei por Niñóns e despois fun ver que pasaba con Gondomil. E de pronto vin a Pedra da Serpe, probablemente celta, cunha cruz que cristianiza un monumento pagán. As teorías sobre a Pedra da Serpe están recollidas na ligazón de Patrimonio Galego e a súa relación cos Saefes.
Aquí está Gondomil, a douscentos metros está a Pedra da Serpe, e non é unha casualidade. Hai unha serpe voadora que formaba parte, con seguridade, da cultura celta dos Saefes. Entón traducín, Gondo=Serpe, Mil, mel, doce, querida. Gondomil fala da querida serpe!!!
Rapidamente fun mentalmente a Gondomar e traducín Gondo=Serpe Mar=Como. Que é o que hai en Gondomar xustamente que é como unha Serpe?
Só tedes que ir a un mapa de Google maps coma este Mapa de Gondomar. Que vedes parecido a unha serpe desde o Concello de Gondomar ata o propio mar en Baiona? Pois é doado ver as curvas serpenteantes do río Miñor, que son, xustamente coma unha serpe. Son Gondomar, celta, e nada de Gundemaro.
As ideas previas de Gondo coma curva, que dicía o dicionario da IA, confirmanse, tamén. Son curvas serpenteantes que desde a época das mámoas e dolmens na cultura megalítica xa entran a formar parte da cultura galega, probablemente porque, coma en Irlanda, teñen unha relación directa co movemento dos astros, coa astronomia primitiva celta que imprime as serpes ou as curvas en forma de serpes no ceo nocturno para exemplificar os movementos cíclicos dos astros e planetas. Despois de todo en Stonehenge fan unha máquina de rexistrar o paso cíclico e anual do ceo e saber como o ciclo anual se manifesta. O mesmo pasa en Newgrange, en Irlanda, onde no fondal dunha cova ou sepultura xigantesca ilumínase no soslticio de inverno e iso o fan hai 5000 anos, xa. Teñen un reloxo anual perfecto. Ou, se ledes o libro "Island of the Setting Sun: In Search of Ireland's Ancient Astronomers " podedes ver como cualifica as curvas serpenteantes debuxadas nos mounds de Knowth, próximos a Newgrange, e dentro do Brú na Boyne (palacio do Boyne).
Os de letras cren que a Arqueoloxía é súa, que a historia é súa, que a lingua é propiedade exclusiva deles (e non queren a ciencia en galego) e só eles poden predicar do tema. Pero pregúntalle a un parente noso de hai 5000 anos se era máis importante como dicían as palabras ou cando tiñan que poñer as prantas de cereais para non morrer de fame no ano seguinte.
En fin, os nosos antergos adoraban ás serpes, non por pagáns primitivos e toscos, senón por primeiros científicos de Europa, os adiantados de Europa e cando non acertaban a facer explicacións coherentes e científicas, inventaban contos de letras que "se non é vero é ben trovato" coma o conto do xa famoso Gundemaro ou das serpes voadoras.
Por se estas razóns ainda non vos convencen, cal é a representación maior dunha serpe de Galicia? Pois esta de Gondomar:
- Artigo principal: Cruceiro de Mañufe. Pincha para ver a imaxe
Coñecido como do Acordo ou de Mañufe, este cruceiro salienta polo seu peto de ánimas policromado e unha alegoría do pecado orixinal representada por unha serpe que gabea polo fuste. Non hai data acreditada da súa construción, pero sábese que entre os séculos XVI e XVIII ao pé deste monumento relixioso tiveron lugar as reunións do Partido do Miñor integrante da antiga provincia de Tui, durante o Antigo Réxime. A peza tivo varias reconstrucións a última en 2017, quedando da orixinal só a base e parte do peto de ánimas. Trátase dun ben de interese patrimonial protexido polo decreto 48/1999 do 18 de febreiro da Xunta de Galicia.
Os que fixeron orixinalmente esa serpe sabían o significado de Gondomar. Logo decorado polo cristianismo. A Galipedia di que "ainda que os cruceiros comezan no século XVII, no concilio de Trento, matiza que o cruceiro "podería ter unha orixe anterior apuntando algúns indicios conservados no Arquivo Histórico de Baiona ao século XVI".
- Log in to post comments