garabán, garabana, garabanxa

Submitted by admin on Mon, 07/10/2023 - 10:25

Garabán é un apelido dun asistente ao X Congreso de Igaciencia que fixemos hai uns días.

Tradución Gara=próximo

ban2 :bean1. e bean bean1, f. (gs. & npl. mná, gpl. ban). 1. Woman. Xenitivo plural das mulleres

ban-1, pref. Female, -ess, -rix.

Así, resulta, próximo das mulleres, quizais afeccionado ás mulleres? Don Juan? un lugar de traballo das mulleres? un xineceo?

( O xineceo (en grego: γυναικεῖον gynaikéion ou γυναικωνῖτις gynaikonitis) na Antiga Grecia era a sala ou estancia que posuían as grandes casas para uso exclusivo das mulleres do fogar: esposa, fillas, serventes. ) Unha sección do castro para o traballo ou educación de mulleres? Unha praia exclusiva de mulleres, moitas veces chamadas Ban ou Vao?

Lugares non hai moitos e, ademais, algún, asegura o seu caracter feminino rematando a palabra con a

garaban
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Garabana VEREA Sanguñedo (San Salvador)
A Garabaneira RAMIRÁS Rubiás (Santiago)
Garabanxa FERROL Doniños (San Román)
Garabanxa, A FRADES Moar (Santaia)
Garabanxa, A OROSO Calvente (San Xoán)

A garabanxa, sabendo que a x non existe en galego celta, debe ser gara-ban-sa así que dí nun (lugar) próximo das mulleres

A galipedia sabe menos sitios

O topónimo galego A Garabanxa pode referirse a: