Boullón pode dividirse en bo (vaca) u(traballa no) llón (lón fonte, río, rego ou provisión de auga)
En Boullón temos un invento dunha vaca facendo xirar un parafuso de Arquímides (287 a.C.), por exemplo. A máquina de Arquímedes era un mecanismo cunha folla con forma de parafuso dentro dun cilindro. Facíase virar a man ou con animais, e tamén podía utilizarse para transferir auga desde masas de augas baixas a canles de irrigación máis altos. De feito, o parafuso de Arquímedes segue usándose hoxe para bombear líquidos e sólidos semifluidos, como carbón, xeo e cereais.
Sen que esa sexa a única posibilidade, tamén podería suplir un muíño de auga en tempo de seca ou ser un muíño hidráulico: O tipo de muíño hidráulico con eixo horizontal e roda vertical comezouse a construír no século I a. C. polo enxeñeiro militar Marco Vitruvio Polión. A súa inspiración pode ser a roda persa ou “saqíya”, un dispositivo para elevar a auga, que estaba formado por unha serie de recipientes dispostos na circunferencia da roda que se fai virar con forza humana ou animal. Esta roda foi usada en Exipto (Século IV a. C.). A roda hidráulica vitruviana, ou roda de cuncas, é basicamente unha roda que funciona no sentido contrario. Deseñada para moer gran, as rodas estaban conectadas á máquina móbil por medio de engrenaxes de madeira que daban unha redución de aproximadamente 5:1. Os primeiros muíños deste tipo eran do tipo nos que a auga pasa por baixo. Ou ...
Onde había?
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Devesa de Boullón | ROIS | Augasantas (San Vicente) |
A Ponte de Boullón | ROIS | Augasantas (San Vicente) |
A Regueira dos Boullóns | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
As Toxeiras dos Boullóns | RIBEIRA | Carreira (San Paio) |
Igrexa de San Miguel de Boullón | BRIÓN | Boullón (San Miguel) |
Muíño de Boullón | ROIS | Augasantas (San Vicente) |
O Agro de Boullón | ROIS | Leroño (Santa María) |
O Agro dos Boullóns | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Grixoa (Santa María) |
Os Agros de Boullón | BRIÓN | Viceso (Santa María) |
Os Boullóns | RIBEIRA | Carreira (San Paio) |
Os Boullóns | TEO | Rarís (San Miguel) |
Riba dos Boullóns | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Grixoa (Santa María) |
Río Boullón | NOGAIS (AS) | Quintá (San Pedro) |
Claramente era un artefacto no río, preto dunha ponte do río, regueira, dun muíño de río, ...
- Log in to post comments