En celta temos bás, m. (gs. báis, pl. ~anna).1. Death. Morte
cuas, m. (gs. -ais, npl. ~a, gpl. ~).1. Cavity; hollow, recess. ~ crainn, hollow of tree. ~ aille, hole in cliff. 2. Cove, creek. 3. Anat: Sinus, cup. ~ coirp, sróine, body, nasal, cavity. S.a. alt11 (b).(Var:gs. ~a)
É dicir, cuas, m. (gs. -ais, npl. ~a, gpl. ~).1. cavidade; oco, receso. ~ crainn, oco da árbore. ~ aille, burato no acantilado. 2. Enseada, regato. 3. Anat: Sinus, copa. ~ coirp, sróine, corpo, nasal, cavidade.
Así cámara ou cova de morte sería o seu significado en celta. Na wikipedia galega temos
O topónimo Bascuas pode referirse a:
- Bascuas, parroquia do concello de Lugo;
- Bascuas, lugar de dita parroquia;
- Bascuas, parroquia do concello de Vila de Cruces;
- Bascuas, lugar da parroquia de Rendal do concello de Arzúa;
- Bascuas, lugar da parroquia de Montecubeiro do concello de Castroverde;
- Bascuas, lugar da parroquia de San Salvador de Parga do concello de Guitiriz;
- Bascuas, lugar da parroquia de Cruces do concello de Padrón;
- Bascuas, lugar da parroquia de Dornelas do concello de Silleda;
- Bascuas, lugar da parroquia de Coucieiro do concello de Val do Dubra;
- Bascuas, lugar da parroquia de Noalla, do concello de Sanxenxo;
- A praia de Bascuas, en devandito lugar.
Como apelido pode referirse a Edelmiro Bascuas.
Ademais podemos ver en novacarta.eu
A praia de Bascuas Bascuas que corresponde ao significado de enseada ou acantilado.
Igrexa Parroquial de Santa María de Bascuas en Lugo e Bascuas de Parga, xa citado.
Non todos teñen que ver cos mitriaicos, pero tampouco hai restos romanos nos demais lugares, polo que podemos supoñer que son matadoiros ou se refiren a cámaras do xefe, xa que bas1, m. (gs. ~, pl. ~anna). Boss. é xefe.
Así que agora toca comentar a versión latina de Bascuas: segundo algún libro que lín Bascuas dá nome a uns vascos que viñeron nunha guerra medieval coa raíña dona Urraca e quedáronse.
Segundo esta historia rocambolesca, os veciños de Bascuas eran parvos e non sabían pronunciar vascos. As versións latinas sempre indican que os galegos sonche parvos.
Pero ademais resulta que eran parvos en moitas zonas de Galicia onde perdura o topónimo Bascuas e os acompañantes desa raíña eran moitísimos e namoraronse todos de Galicia, deixando o seu ADN para comprobalo. É moi fácil comprobar, validar, a parvada vasca, analícese o ADN neses lugares e parroquias e comprobarase a citada "invasión vasca" de Galicia.
- Log in to post comments