Informes varios feitos

Submitted by admin on Tue, 01/09/2024 - 12:06

Á Deputación de Lugo.

Dado que había dúbidas de onde saía que os mitriaicos poñian un ferro quente na fronte, escribinno aquí

https://www.celtia.org/en/node/1231

Pero ademais podedes ver que a wikipedia fala que están, normalmente, debaixo dun templo cristiano, que, co paso do tempo,  queda totalmente cuberto e se os muros se caen coma ocurriu nos anos 90, ao reparalo e escavar saen serpes, touros, bichos múltiples que tiran ao campo, e, incluso, unha estela algo inxenua que apoian ao lado da igrexa dun home no medio dun circo romano,

A estela con soles é mitriaica

Estela de Bascuas

e os veciños falando celta sen saber que se cocía nesa cova falaban de Bas cuas, cámara de morte ou morte na cámara oindo berrar aos touros cando os sacrificaban ou os levaban para alí.Só hai que ler ese texto da wikipedia en celtia, preparado especialmente para vós.

Vouno deixar por agora sen continuación e que fagades vós. Que hai neste asunto un certo fanatismo relixioso, ao menos contra "os paganos", esta claro se ves a foto de Pena Xiboi un xacemento de restos de hai 8000 anos que por certo onde están?

En fin, deixarei pasar un tempo, pero, senón hai nada que facer, haberá outra entrada chamada Bascuas en Celtia.org contando a historia, con moitísimas  fotos e un vídeo contando os 25 restos.

Conclusión, desde o meu punto de vista, aquí, en Guitiriz ,no século III ou IV, falábase celta. Bascuas, Labarta (castro da fala, en celta), río Abadín (río río), río Escadebas (Lúa do deus da morte), etc,etc.

E nada máis, eu non teño problemas en contalo aos arqueólogos do Museo ou acompañarvos ata alí, para guiarvos

Un cordial saúdo

...Non era da súa competencia, o terreo non é do concello, o concello non pediu axuda,... moitos trámites para non ir ver os restos.... Coa Igrexa topamos, Sancho,

A uns amigos e a un responsable da Xunta hai 3 anos escribinlle algo disto:

A historia de Bascuas.

Bascuas din os latinistas que é duns bascos que viñeron a Galicia acompañando a Raíña Urraca ou algo así. A conclusión é que os da zona non sabían falar ben e en vez de bascos dicían bascuas. Algo bobos eran.

Miras en google e ves que:

-hai unha estela romana. Que un catedrático de latín de Granada quere ler e o  bispo non lle deixa ver (pon a prensa de hai tempo). Patrimonio galego di que é do século III.

-A posición da estela é absurda pois está no teito e só se ve unha cara con soles, pero a outra está tapiada, de aí a petición do catedrático

-Que a Deputacion de Lugo fai un vídeo sobre a tradición da parroquia de Bascuas de usar un ferro quente- na fronte-para as doenzas como mordeduras de cans. A cruz de ferro está dentro do museo relixioso na capela de Bascuas cunha  descrición do costume feito por un periodico moi antigo.

-busco con google o costume de queimar a fronte e resulta que é mitriaica, Di Eliade na súa Historia das Relixions.

-Estamos ante unha igrexa mitriaica do século III, que é subterránea

-Google conta que a igrexa desmorónase nos 90 e que hai que rehabilitala. Entón descóbrese a igrexa mitraica? Desde logo tirase nun prado preto da igrexa 25 esculturas de serpes e touro, entre outras, que ninguén se fixa. So se ve un instrumento (penso eu) de tortura ou matanza que Blanco Prado identifica cun cruceiro no libro sobre cruceiros da Terra Cha. Un cruceiro rarísimo, pois está inclinado de forma que se poida colgar del un corpo dun animal, un touro, por exemplo.

Pasa o tempo e cóntollo a un responsable da xunta e di "que interesante"

A deputación dixenlle que ....

Escribireino en Celtia con 200 fotos en novacarta.eu e vía. Que é o que estou a facer...