Estas son as fotos de Bascuas de 2017. Visitamos a capela polo exterior e, de pronto, Inés Ben descobre no exterior, preto da capela formas inimaxinables, mal conservadas, entre outras razóns, por levar desde os anos noventa á intemperie e previamente levar preto de 2000 anos soterradas en Bascuas. Milleiros de persoas pasaron por alí e non viron nada. Desde logo, son formas que non pertencen á nosa cultura, de animais que nós vemos como malignos coma serpes, tartarugas, réptiles, lagartos, rás e outras formas inimaxinables para nós e irrecoñecibles nas pedras.
Queriamos saber que era iso da "cova ou cámara de morte" no seu nome e as visitas no foron decepcionantes. Non so descubrimos á chave de Bascuas, a súa "lenda" mitriaica, senón unha zona preto da capela que contiña restos feitos en granito, degradados polo tempo, desde os 90, á intemperie, e preto de 2000 anos soterrados baixo a capela. Porque o que vimos non corresponden á civilización actual, ademais da pátina do tempo e as inclemencias teñen o sinal doutra cultura extraña e allea a nós, aparentemente, nos seus motivos-animais perigosos e raros, de dimensións xigantes-as serpes, de tartarugas, réptiles, lagartos ou ras, de cabeza de touro case humana (o deus Mitra?).
Posiblemente pasaron por alí decenas de milleiros de persoas desde os 90 no que uns camións descargaron esas figuras. Ninguén as viu, salvo Inés Ben. Esas rocas disimuladas entre as herbas contiñan animais e formas mitriaicas. Hai sen embargo outras rochas ou figuras que son dos anos 90 que poñen Xérmolos e o da figura do poeta de Guitiriz.
Estas fotos e vídeos son de Inés Ben. Vense mellor co navegador Firefox
A estela vese o que podería ser un cristiano anguriado no medio dun circo romano. Por iso está á vista
- Log in to post comments