Galileo e Aristóteles

Submitted by admin on Wed, 06/13/2018 - 16:55

As probas das teorías por observación foran o selo da boa física desde Galileo (1564-1642). Mostrou como deseñar experimentos, facer medicións e comparar os resultados coas predicións das leis matemáticas. A interacción da teoría e a experimentación segue sendo a mellor forma de avanzar no mundo da ciencia aceptable.

Galileo

Aristóteles foi un gran xenio filosófico. É certo. Pero equivocouse en centos de ideas que expresou nos seus libros: a pesar que moitos científicos gregos xa expresaran que a Terra era redonda, el afirmaba que era plana. A pesar da teoría heliocéntrica dalgúns gregos, el defendía que a Terra estaba no centro do Universo, en inercia defendía que se desde un mástil dun barco se deixaba caer unha pedra esta caía alonxada do mástil e de modo contrario ao movemento. Que se deixamos caer unha pedra e unha pluma...

En fin, coa súa experimentación, Galileo demostrou que as ideas de Inercia de Aristóteles eran falsas, as ideas sobre a posición da Terra e o Sol eran falsas, e iso case o leva ao cárcere, o que foi evitado xurando que el estaba equivocado e Aristóteles non, e o famoso "Epur se move" final.

En resumo, unha gran autoridade filosófica como Aristóteles pode dicir tonterías a esgalla. Se ademais a autoridade é un nachiño francés de currículo totalmente descoñecido, pois asombra que os informados estudosos da toponimia galega repitan un tras outro, en cada libro que se fai, que tal palabra significa tal porque en 1876 tal nachiño "francés" dixo que tal palabra era tal.